culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Román Rodríguez adianta os eixes da Consellaría de Cultura para os vindeiros anos
    Un Mercado de Arte ou a Galicia Film Office son algunhas das novidades

    • 6 / 11 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • políticas culturaisXacobeoPatrimonioTurismoLiteraturaAudiovisual
    Compartir:


    Co Xacobeo como horizonte, o concelleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu esta mañá no Parlamento a presentar os eixes estratéxicos do seu departamento de cara aos vindeiros anos. Entre as súas propostas, canda a iniciativas xa anunciadas, anunciou novidades como a creación dun Mercado da Arte "dedicado a dar visibilidade e impulsar a carreira dos novos artistas" ou a posta en marcha da Galicia Film Office para impulsar a realización de rodaxes no noso país. Tamén adiantou a vindeira produción dun "gran espectáculo de danza que xire por Galicia e polo exterior". O conselleiro referiuse á creación do Legado Artístico de Galicia que anunciara o presidente da Xunta, a indicar que este proxecto "perseguirá a máxima protección, conservación e dispoñibilidade da obra dos artistas galegos, históricos e contemporáneos".

    No campo da literatura, o conselleiro adiantou a creación para o vindeiro ano de liñas de axudas a novos creadores no ámbito da literatura, a tradución e a ilustración. Un novo Programa de Bibliotecas Itinerantes, integrado no Plan de Dinamización da Lectura preséntase como unha das medidas a prol do sector editorial. Segundo a súa intervención a proxección exterior da cultura desenvolverase a través dos eixes do Atlantismo, con presenza no Showcase Scotland e no Festival Intercéltico de Lorient; da Lusofonía e do Camiño de Santiago.

    Encol do patrimonio, a creación de rutas por pequenos cascos históricos como Mondoñedo ou Betanzos e a posta en marcha de axudas para a rehabilitación de bens etnográficos vencellados ás rutas xacobeas son as principais medidas anunciadas. Tamén nacerá o premio Vila cultural que recoñecerá unha vila do país pola súa excelencia no coidado do patrimonio e a xestión cultural. A consellaría tamén prevé desenvolver un Plan de Itinerarios Culturais como complementos cos camiños Xacobeos.

    Rodríguez adiantou tamén que antes de final do ano chegará ao Consello da Xunta para a súa aprobación a demorada Estratexia da Cultura Galega e lembrou a posta en marcha dunha liña de axudas para creadores musicais. Entre as cuestións pendentes que destacou está o desenvolvemento do Plan de rehabilitación de BICS do Camiño de Santiago, para o que a Xunta solicitou o cofinanciamento do Ministerio de Cultura.

    Presentación dos eixes estratéxicos da Consellaría de Cultura no web da Xunta
    políticas culturais Xacobeo Patrimonio Turismo Literatura Audiovisual
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada