culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Un xogo de café en cerámica representando un bosque gaña o Premio de Artesanía
    Os galardóns tamén recoñecen a traxectoria do veterano torneiro Manuel Castro das Pontes

    • 19 / 12 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • ArtePolíticas Culturais
    Compartir:


    Os Premios Artesanía de Galicia 2018, outorgados pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, desveláronse esta semana recoñecendo así os traballos máis salientables do sector do deseño e manufacturación galego. Os galardóns contan con tres categorías: Premio Artesanía de Galicia 2018, dotado con 6000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico; e Bolsa Eloy Gesto, dotada con 4000 euros para investir en formación especializada nun centro de prestixio. O Premio Artesanía de Galicia 2018, dotado con 6.000 euros, foi para a ceramista Ana Tenorio, do obradoiro Witchneeds store (Vigo), pola súa obra O bosque interior, un xogo de café realizado en cerámica que representa o bosque esencial como tributo á natureza. Todo na obra está estudado, dende o seu deseño e a súa concepción, pasando pola busca e pola utilización de cada material, para destacar a singularidade, e resaltar a beleza e a fraxilidade do bosque. O xurado destacou a calidade do proxecto non só na selección e no acabado dos materiais senón tamén na súa coidada e elegante presentación. Witchneeds é un proxecto nacido no ano 2017. A comezos de 2018 crea tres liñas de investigación e de traballo. Na liña máis experimental das tres e cun carácter máis escultórico, atópase a obra gañadora do premio.

    Cristina Velasco, do obradoiro Anaquiños de papel (A Coruña), resultou a gañadora do Premio Bolsa Eloy Gesto 2018, dotado con 4.000 euros para continuar coa súa formación artística e empresarial. No ano 2016, Anaquiños de Papel lanza a súa primeira colección de pantallas de origami chamada Luces do Norte e inspiradas en Galicia. Neste breve espazo de tempo xa teñen colaborado con Loewe, Cartier, Inditex, Cruz Vermella ou Ecoembes. No terceiro dos galardóns, o honorífico Premio Traxectoria, outórgaselle ao torneiro Manuel Castro “Lolo” (As Pontes) pola súa traxectoria profesional a prol da tornería de madeira, así como pola súa contribución á divulgación do oficio a través de charlas e cursos e, especialmente, na súa participación en cada unha das edicións do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebra en Xermade cada ano dende o 2001. Lolo é un experto no uso da “llerga” unha ferramenta propia da zona que el mesmo segue forxando e que cuxo manexo se dedica a amosar e ensinar a futuros torneiros e interesados.


    Arte Políticas Culturais
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada