culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Un estudo conclúe que en Galicia hai 21.100 apelidos cun único portador
    Rodríguez é o apelido máis común en Galicia

    • 16 / 1 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • sociedade
    Compartir:


    Rodríguez é o apelido máis común en Galicia con 237.000 usuarios. Hai máis de 21.100 apelidos que teñen un único portador. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns apelidos en perigo de extinción. Son cuestións que recolle Antroponimia e lexicografía, a publicación que elaboraron o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG). A presentación contou coa presenza da presidenta do CCG, Rosario Álvarez, quen destacou a calidade das diferentes contribucións. Canda ela estaban o director do ILG, Xosé Luís Regueira, e a editora do texto, Ana Isabel Boullón. O ILG ultima a elaboración do Dicionario dos apelidos galegos. Ana Isabel Boullón destacou na presentación, que “é un proxecto que non ten parangón no ámbito lingüístico hispánico”. Nel recolleranse aqueles apelidos que teñen máis de 30 ocorrencias, que supoñen unhas 5800 formas que abranguen o 97% da poboación. Na publicación hai un artigo completo sobre este proxecto e nel achéganse datos como que hai máis de 21.000 formas que teñen un único portador (apelidos estranxeiros, variantes minoritarias de apelidos frecuentes, erros tipográficos, estandarizacións modernas dalgún nome ou mesmo formas en período de extinción). Todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. Boullón tamén explicou que un 17% dos apelidos actuais proceden da castelanización de apelidos galegos que se produciu desde o século XVI.

    Descarga a publicación
    sociedade
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada