culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    O libro 'Poemar o mar' de Antonio García Teijeiro entre os gañadores dos premios Fundación Cuatrogatos
    Ledicia Costas e outros autores galegos están na lista internacional entre finalistas e recomendados

    • 29 / 1 / 2019
    • Santiago. S. Montes
    • Literatura
     Ledicia Costas e outros autores galegos están na lista internacional entre finalistas e recomendados
    Cartel de edicións Xerais pola concesión do Premio Nacional 2017
    Compartir:


    A tradución ao castelán con ilustracións de Xan López Domínguez do libro de poemas Poemar o mar (Eds. Xerais, 2017) que no ano 2017 deulle ao vigués Antonio García Teijeiro o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ven de ser agora na edición de Anaya (2018), unha das vinte obras gañadoras dos premios internacionais que concede a Fundación Cuatrogatos a obras en español. Entre esas vinte gañadoras de varios países estivo tamén o libro La huerta de Simón da bonaerense Rocío Alejandro, que publicado en 2017 pola editorial pontevedresa Kalandraka Editora tras ter vencido ese ano o Premio Compostela de álbum ilustrado. Ademais entre os finalistas tamén está outro libro da editorial Kalandraka, El río que se secaba los jueves (y otros cuentos imposibles) do escritor ourensán Victor González. A Fundación Cuatrogatos é unha organización sen fins de lucro creada en Miami para traballar pola cultura e a educación. Entre os seus principais obxectivos están a investigación e estudio da produción editorial infantil e xuvenil en español. O comité que escolle os premios está integrado por un equipo de profesionais de formación multidisciplinar, filoloxía, educación, xornalismo, socioloxía, biblioteconomía, teatro, artes plásticas... Este ano tiveron que considerar arredor de 1 500 libros de 175 editoriais de 19 países.

    Ademais da lista de premiados e finalistas a Fundacion Cuatrogatos inclúe unha selección de cen obras a recomendadas de entre todas as presentadas. Nese exclusivo listado tamén hai sitio para outras obras e autores do nosos sistema editorial como é o caso de Ledicia Costas. As traducións dos libros da autora viguesa O corazón de Xúpiter (Xerais, 2012) e A Señorita Bubble (Eds. Xerais, 2017), con ilustracións de Andrés Meixide, conseguen poñer o nome na lista por dupla partida. Entrán tamén na lista Pinto & Chinto con Las estrambóticas aventuras del barón de Münchhausen da coruñesa Editorial Bululú; Alberto Vázquez coloca El Hematocrítico (Anaya, 2017) e o ilustrador pontevedrés Víctor Rivas tamén esta presente polo libro Apestoso tío Muffin (Pedro Mañas, Anaya). Con este recoñecemento desde a Fundación Cuatrogatos busca contribuír a que as obras "cheguen ao maior número posible de fogares, escolas, bibliotecas e outros espazos onde se propicie o encontro dos novos lectores con obras da maior calidade", segundo argumentan.

    LISTADO COMPLETO DE GAÑADORES, FINALISTAS E RECOMENDADOS DA FUNDACIÓN CUATROGATOS
    Literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Fecha Andel, a libraría viguesa especializada en libro galego

    Fecha Andel, a libraría viguesa especializada en libro galego

    • 2019-02-22 10:30:25
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada