culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    'Trinta lumes' estréase hoxe en cines
    Haberá pases especiais durante a fin de semana con presenza da directora entre outros

    • 8 / 2 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • audiovisual
    Compartir:


    Nove salas comerciais de cine de outras tantas localidades estrean hoxe a película documental Trinta lunes de Diana Toucedo. En Galicia poderá verse nos cines Os Cantones da Coruña, nos cines Norte de Vigo, na sala Codex de Lugo, na sala Numax en Santiago, e na Estrada nos minicines Central. No resto do estado as proxeccións de estrea serán en Barcelona (Cinemes Girona), Málaga (Albéniz) Madrid (Círculo de Belas Artes) e no Espai Funatic de Lleida. Posteriormente ao día 15 a distribución chegará a outras salas do territorio nacional e ao cine Duplex de Ferrol.

    Trinta lunes é a primeira longametraxe documental de Diana Toucedo (Redondela, 1983) e foi candidata a nove galardóns nos recentes Premios Goya, sen acadar un posto finalista, pero froito da súa exhibición en sección oficiais de importantes festivais internacionais como a Berlinale, San Sebastián ou Málaga obtivo importantes recoñecementos da crítica que premiou a produción no Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona. No documental Toucedo manexa técnicas da narrativa de ficción fantástica para contar unha historia ambientada nunha aldea do Courel a través dunha rapaza de doce anos, Alba. Ela desexa descubrir os misterios da morte. Co seu mellor amigo Samuel entran en casas abandonadas, e aldeas desfeitas, restos dunha paisaxe rural viva nun tempo e agora despoboada e esquecida.

    Pases especiais
    As xornadas de estrea irán acompañadas en catro das salas de pases especiais nos que estarán presentes membros do equipo da película como a directora ou a produtora, ou, nalgúns caso cineastas exercendo unha presentación ou posteriores encontros co público. A estrea hoxe na Sala NUMAX de Santiago ás 18:10 contará coa presencia da propia directora, que acompañada de Jorge Coira farán unha presentación do filme. A cineasta tamén asistirá a proxeccións nesta sala o sábado engadindo á presentación coloquios posteriores nos que participarán Alba Arias e Margarita ledo ou Branca Novoneyra, o domingo estará acompañada polo compositor Sergio Moure de Oteyza. As salas de Barcelona, durante esta primeira fin de semana tamén contarán coa presenza da produtora Cristina Bodelón (Lasoga Films) e outros membros do equipo. Na estrea ás 20:00 horas na sala CODEX de Lugo tamén estará Diana Toucedo, xunto a Alba Arias entre outros. Na Coruña a estrea ás 22:00 estará acompañada pola presenza do compositor Sergio Moure de Oteyzae o poeta courelao Vicente Reboleiro.


    TRINTA LUMES / THIRTY SOULS (trailer) from Diana Toucedo on Vimeo.


    LASOGA FILMS (Facebook)
    audiovisual
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Fecha Andel, a libraría viguesa especializada en libro galego

    Fecha Andel, a libraría viguesa especializada en libro galego

    • 2019-02-22 10:30:25
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada