culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Iria Pinheiro recibirá o XVIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva
    O galardón que organiza o Concello de Padrón está dotado con 1.200 euros en metálico

    • 14 / 2 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • espectáculosteatro
    Compartir:


    Iria Pinheiro. Fonte: Aaag
    Iria Pinheiro. Fonte: Aaag

    "A súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias" valéronlle á actriz Iria Pinheiro ser escolleita para recibir o XVIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado do galardón, composto por Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho Fernándes, Afonso Becerra Arrojo, Roberto Pascual Rodríguez e Comba Campoi García, con María Cruz Taboada Álvarez como secretaria valorou "a pertinencia do espectáculo Anatomía dunha serea do proxecto berberecheira de Chévere, ante o debate social arredor da violencia obstétrica, así como un proceso de investigación que demostre o sentido comprometido do teatro documentado". Ademais, destacou que "alén diso, a súa traxectoria amoa unha versatilidade como actriz que, nunha constante reivindicación do cabaret e o teatro cómico, a presenta como unha creadora total comprometida con todas as facetas do teatro".

    A galardoada recibirá un busto da actriz Maruxa Villanueva canda a un premio en metálico de 1.200 euros. O Concello de Padrón convoca anualmente este certame que recoñece o labor interpretativo de profesionais do país.

    Premio Maruxa Villanueva a Iria Pinheiro en Erregueté Iria Pinheiro recibirá o premio Maruxa Villanueva en La Voz de Galicia
    espectáculos teatro
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada