culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Máis de 60 obras son finalistas dos Premios Gala do Libro Galego
    Escritores, editoriais e librarías organizan estes galardóns á excelencia editorial

    • 14 / 3 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • LiteraturaSociedadeLingua
    Escritores, editoriais e librarías organizan estes galardóns á excelencia editorial
    Estatúas de Sargadelos que se outrogan como premio na Gala dos Premios do Libro galego Fonte: AGE
    Compartir:


    As tres asociacións que representan o percorrido dos libros desde a creación á posta á disposición do lectores, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG), veñen de facer pública a lista de libros e autores finalistas das doce categorías literarias e as tres de traxectoria a persoas ou institucións que en total conforman os Premios Gala do Libro Galego. En total son 61 os libros que aparecen neste listado finalista (ver máis abaixo a lista completa), deles máis do 30 por cento corresponden con obras editadas por Edicións Xerais e o resto se distribúe entre outras editoriais con porcentaxes bastante inferiores. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos. Un xurado elixirá agora de entre os finalistas, de catro a seis por cada categoría, que resultaron os máis propostos polas bases asociativas das tres entidades convocantes. O sábado 11 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela se darán a coñecer as obras gañadoras nun evento de celebración desta edición que reunirá a todo o sector literario.

    FINALISTAS

    PREMIOS OBRAS EDITADAS EN 2018


    Ensaio e investigación

    – As orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago)

    – Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia)

    – Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia)

    – Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento)

    – Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (Editorial Galaxia)

    – Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia)

    Divulgación

    – Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora)

    – Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra)

    – Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord.), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza)

    – Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia)

    – Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia)

    – Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora)

    Narrativa

    – Besta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)

    – Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia)

    – Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)

    – Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)

    – Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia)

    Infantil

    – Kusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia)

    – Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia)

    – O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora)

    – Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora)

    – Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia)

    Xuvenil

    – A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)

    – A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)

    – O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora)

    – Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia)

    – Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia)

    Libro ilustrado

    – Macedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial)

    – Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora)

    – O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora)

    – Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia)

    Libro de banda deseñada

    – Animalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia)

    – O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor)

    – O puño e a letra, por VV. AA. (Edicións Xerais de Galicia)

    – Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia)

    Iniciativa bibliográfica

    – A gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza

    – Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora

    – Colección Feminismos, por Editorial Galaxia

    – Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do “25-0 Día de FGL en Galicia”), por Alvarellos Editora.

    – Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora.

    Tradución

    – A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora)

    – A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné)

    – Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora)

    – O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, “Belatz”, por Manel Cráneo (Demo Editorial)

    – Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora)

    Poesía

    – …as neuronas irmás…, de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia)

    – Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora)

    – Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Edicións Xerais de Galicia)

    – Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)

    – Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora)

    – Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario)

    Teatro

    – A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza)

    – A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia)

    – Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora)

    – Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora)

    – Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María)

    Libro mellor editado

    – Galicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia)

    – Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora)

    – O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia)

    – Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora)

    – Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora)

    PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

    Iniciativa cultural ou fomento da lectura

    – Asesoría de Bibliotecas Escolares

    – Chan da Pólvora (libraría e editora)

    – Kalandraka TV

    – Libraría BD (Vigo)

    – Libraría Cartabón (Vigo)

    – Salón do Libro de Pontevedra

    Proxecto literario na rede

    – BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil

    – Brétemas, de Manuel Bragado

    – Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa

    – Kalandraka TV

    – ogalego.eu, por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

    Xornalismo cultural

    – Daniel Salgado

    – Montse Dopico

    – Ramón Nicolás

    – Revista Luzes

    – Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso)

    Literatura Sociedade Lingua
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    • 2019-12-11 12:41:52
    Víctor Freixanes, María Solar e Pemón Bouzas participan hoxe nun parladoiro en Pontevedra
    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    • 2019-12-11 11:49:33
    Este sábado a asociación fará a entrega de galardóns e presentará o XVº Anuario de Estudos do Barbanza
    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    • 2019-12-11 11:35:45
    Achega máis dun cento de propostas para realizar un consumo responsable a nivel de lingua
    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    • 2019-12-10 12:03:01
    O Salón Teatro de Santiago acollerá esta obra da que participan o Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración

    Hoxe na nosa edición

    Pablo Carpintero doa o seu arquivo musical ao Museo do Pobo Galego

    • 2019-12-11 13:57:22
    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    • 2019-12-11 12:41:52
    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    • 2019-12-11 11:49:33

    O Plan da Ribeira Sacra achegará 34 millóns a esta área

    • 2019-12-11 11:47:18
    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    • 2019-12-11 11:35:45
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada