culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Educación convoca un concurso de 'podcasts' sobre patrimonio cultural
    Vai dirixido a centros escolares e as pezas vencedoras emitiranse pola Radio Galega

    • 8 / 4 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • LinguaSociedadeEducaciónDía das Letras Galegas 2019
    Vai dirixido a centros escolares e as pezas vencedoras emitiranse pola Radio Galega
    Compartir:


    A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de convocar o Iº Concurso de Podcasts, dirixido a centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar. O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Con motivo de que o Día das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antonio Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast deberá ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vínculo coa contorna de cada centro educativo participante. Os podcast premiados serán emitidos pola Radio Galega, ademais de ser difundidos a través da súa web e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas cos gañadores na programación especial da emisora co gallo do Día das Letras Galegas.

    Establécense catro modalidades (alumnado de Infantil e 1º e 2 de Primaria, de 3º a 6º de Primaria, de Secundaria e, por último de Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas e FP) e en cada unha delas seleccionaranse os dous mellores podcast. Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán unha asignación de 1.000 euros para melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca. Así mesmo, poderán visitar as instalacións da Radio Galega en San Marcos para coñecer o traballo real nun estudo de radio. O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 30 de abril de 2019.

    Lingua Sociedade Educación Día das Letras Galegas 2019
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada