culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    A identidade contemporánea galega sobe ao escenario
    O CDG estrea 'Neorretranca e posmorriña' a obra xurdida de dous textos de Roi Vidal e Esther F. Carrodeguas

    • 9 / 4 / 2019
    • Santiago. S. Montes
    • TeatroEspectáculosPolíticas Culturais
    O CDG estrea 'Neorretranca e posmorriña' a obra xurdida de dous textos de Roi Vidal e Esther F. Carrodeguas
    Presentación de 'Neorretranca e posmorriña' coas integrantes do equipo artístico, elenco, e máis a directora do CDG, Fefa Noia, Jacobo Sutil, director de AGADIC e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais Foto: S. Montes
    Compartir:


    A presentación hoxe do contido artístico da que será a única produción propia do CDG esta temporada, Neorretranca e posmorriña, estivo marcada pola ilusión e a expectación e algún que outro fito dentro da historia da compañía pública de teatro. Por vez primeira a edición literaria dos textos teatrais, a cargo de Edicións Positivas, estivo presente no momento da presentación e estará dispoñible no momento da estrea da obra este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago. Ademais, xunto ás autoridades presentes habituais e ao elenco artístico case ao completo estaban tamén Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, os autores dos dous textos -Fantasía nº 5 en sol ou non, de Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Vidal Ponte- que, interconectados na proposta escénica conforman esta obra dirixida por Gena Baamonde. A obra estará no cartel da sede do CDG ata o 5 de maio e despois iniciará unha xira que arestora só conta con sete citas confirmadas, unha situación de distribución inferior á habitual ante a que a directora do CDG asegurou non sentirse "satisfeita" malia que agarda poder ampliar cando menos cunha representación a maiores en Ourense. Lugo queda fóra do percorrido desta peza, "foi imposible", asegurou Noia, debido á falta de consensos.

    Os dous textos que conforman Neorretranca e posmorriña preséntanse como dúas pezas independentes e completamente diferentes, tanto desde o punto de vista estético como desde a súa forma de entender a dramaturxia. Porén, ambas as obras foron abordadas de xeito flexible pola dirección escénica para incorporar as achegas e a enerxía grupal, que todo o equipo coincidiu en destacar ao respecto do proceso de ensaios. Así mesmo, tamén teñen como común denominador a súa ollada aceda e retranqueira sobre a identidade galega. Baamonde agradeceu o feito de ter aos autores presentes durante a montaxe da produción así como a liberdade que sentiu para tratar os textos, "liberdade" que tamén foi unha das palabras empregadas e remarcadas por ambos autores á hora de gabar o traballo feito pola directora e o equipo coas súas pezas. Dez actrices conforman o elenco desta produción que conta tamén con escenografía de Marta Pazos, música de Ailén Kendelman e coreografías de María Cabeza de Vaca

    Reflexións sobre o colectivo desde o máis persoal e desde a liberdade
    Tanto Carrodeguas como Vidal Ponte coincidiron en afirmar que os seus textos eran extremadamente persoais. Esther F, Carrodeguas asegurou que de entre oda a súa obra dramática esta era a peza "máis propa e máis libre" das que escribiu xa que, segundo ela, "a escribín coa liberdade de pensar que nunca ía acabar nun teatro, que isto non acontecería". A linguaxe corporal e o xogo escénico son os eixos arredor dos que se levantou Fantasía nº 5 en sol ou non, definida por Gena Baamonde como unha colaxe, un "catálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer". A partir deste traballo de movemento grupal, o texto vai poñendo o foco en tópicos e prexuízos, que se abordan desde a ironía, o humor e a crítica irreverente.

    Pola súa banda, Boisaca ou a divina desgraza foi presentada polo seu autor como un texto moi persoa e sincero no que hai moito da súa vida, ata o punto de ser a peza, Segundo dixo, "unha homenaxe ou meu pai -o desaparecido dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño- e ao teatro galego". O propio Roi Vidal, encarnado nunha actriz veterana, é un dos personaxes desta obra, na que, nun xogo metateatral -coa encarga de escribir un texto sobre a identidade galega como escusa- emprende unha viaxe polo máis alá na procura do seu pai. Neste camiño, irase atopando con algunhas figuras emblemáticas do imaxinario galego como Isaac Díaz Pardo, Castelao ou Rosalía, ademais de contar coa axuda de Mary Shelley, a autora de Frankestein, para intentar encaixar cada unha das pezas desa idea de Galicia. Vidal afirmou que estar era unha "reflexión sobre a identidade nacional" á que él chegaba a través dunha "reflexión sobre a identidade persoal".

    Aposta con antecedentes
    Malia non ser esta primeira vez que o CDG produce obras de autores galegos vivos, xa que a lista de nomes representados anteriormente pasa por Ana Vallés, Manuel Lourenzo, Cándido Pazó ou Roberto Vidal Bolaño aínda en vida, entre outros, a aposta neste momento por unha dramaturxia galega contemporánea que explorase a identidade presentábase como algo arriscado e audaz a través dos dous textos para unha soa obra saídos do programa DramaturXa de escrita teatral proposto polo propio CDG. Tampouco esta idea era excesivamente nova, xa durante os anos do goberno bipartito da Xunta (2005-2009) o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), precursor da AGADIC puxera en marcha un programa de dramaturxia residente do que sairán as producións de A Piragua ou Estigma, esta última unha obra escrita a tres mans por Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal. Este regreso ao apoio ao desenvolvemento da dramaturxia galega actual era unha das liñas principais no programa da directora do CDG, Fefa Noia, desde que tomou as rendas da compañía pública en 2015. A estrea destas dúas pezas xurdidas do DramaturXa, non será a derradeira e a liña terá continuidade proximamente levando a escena outros dous textos saídos dese programa de autores contemporáneos.

    Dez actrices para a obra de produción propia do CDG O CDG mantén a aposta pola contemporaneidade
    Teatro Espectáculos Políticas Culturais
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada