
Na obra vese a unha MarÃa Casares convertida na gran actriz da escena e do cinema francés, sÃmbolo da España refuxiada, recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe tras corenta anos de exilio, que é reencontrar a súa identidade. O elenco complétao Sonsoles Cordón e a dramaturxia, asà coma a axudantÃa na dirección son do autor Ernesto Is. A produción corre a cargo de Esther F. Carrodeguas. O espectáculo só estará hoxe na Coruña, con entrada libre ata completar aforo, para pasar este mesmo sábado, 4 de maio, a representarse no auditorio de Rianxo. Non hai máis datas previstas polo de agora.