- 27 / 5 / 2019
- Santiago. Redacción
- linguasociedade
- 2019-12-13 12:24:05
- 2019-12-13 11:20:26
- 2019-12-13 11:20:26
- 2019-12-12 14:21:55
Os XXV Premios Peña Novo recoñecen a Manuel Bermejo
Paz Filgueira e Carlos Salgado tamén foron galardoados polo seu compromiso co galego
A Fundación Lois Peña Novo daba a coñecer onte o fallo da XXV edición dos seus galardóns, que recoñecen o compromiso coa lingua galega no ámbito profesional. Nesta xeira, foi recoñecido Manuel Bermejo, profesor Emérito da USC, "pola coherencia na utilización da lingua galega durante toda a súa vida académica" asi como "pola contribución á preparación de materiais didácticos en galego para impartición de materias cientÃficas". Canda a el, recibiu tamén un premio a maxistrada do Xulgado de violencia de xénero en Vigo Paz Filgueira, en recoñecemento a "desenvolver a súa actividade profesional en galego desde hai máis de 20 anos exercendo un maxisterio galeguizador e prestixiando a lingua galega no ámbito xudicial".
O terceiro premiado foi o profesor titular do Departamento de FÃsica de partÃculas da USC e Director do Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas Carlos Salgado. O xurado valorou "o seu compromiso coa lingua galega na súa actividade docente e investigadora facendo ver coa súa coherencia que en galego se pode facer investigación punteira do máis alto nivel contribuindo ao avance da ciencia no mundo".
O comité de selección estivo composto por Manuel González González, catedrático de FiloloxÃa Románica da USC, Beatriz Corral Sánchez, técnica de normalización lingüÃstica da SXPL, Xurxo Mariño, neurofisiólogo e profesor da USC, Obdulio Iglesias Otero, xefe da policÃa local de Gondomar, e Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundacion Peña Novo.