culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Culturgal 2019 buscará sorprender presentando cambios estruturais
    A XIIª edición da feira incluirá un espazo dedicado a contidos interactivos e tecnoloxía

    • 1 / 8 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • MúsicaLiteraturaArtePolíticas CulturaisBanda deseñadaSociedade
    Compartir:


    Coa intención clara de anovar e sorprender a vindeira edición da feira das industrias culturais Culturgal ven de dar os primeiros avances do que se ofrecerá no Pazo da Cultura de Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro. Co lema Dalle unha volta ao Culturgal esta edición a organización quere conseguir que o público se sorprenda, con cambios espaciais, de circulación e estéticos e tamén de contidos, segundo sinalou en rolda de prensa Víctor López, o presidente da asociación Culturgal. Arrancan os traballos da Culturgal 2019 coa apertura de reserva de postos e a convocatoria aberta para propostas de programación. "Unha feira con máis cor, máis translúcida e compartida", así resumía o director da Feira, Xosé Aldea, os cambios no redeseño espacial e as intencións para este ano. Estes cambios foron os que provocaron que a presentación estival da Feira e das súas convocatorias se retrasase este ano unhas semanas. A causa: os traballos técnicos derivados desta reestruturación. "Unha das dúas novidades grandes desta edición ten que ver coa circulación do público, con facer unha Feira máis translucida, con materiais como policarbonato, con máis cores e co obxectivo de que ir rachando os compartimentos estancos para derivar nunha feira máis compartida, con máis contacto humano e con máis contacto entre empresas e proxectos", explicou Xosé Aldea.

    Outra novidade é o establecemento do Espazo de Cultura Interactiva, un "reto" semellante, nas verbas de Aldea, ao que acometeu a Feira hai tres anos cando impulsou o Espazo de Arte Contemporánea. "Queremos a animar as empresas con alto contido tecnolóxico: videoxogos, apps, realidade aumentada, etc, a mostrar as infinitas posibilidades de tecnoloxia nos produtos e servizos culturais. A feira ten que visibilizar este tipo de traballo que incide en aspectos lúdicos, didácticos e sobre todo participativos. Seguindo o exemplo de Arte Contemporánea, lanzamos este espazo con condicións especiais de contratación de stands", detallou o director da Feira. Para dar o punto de arranque a esta Culturgal á que "darlle unha volta", compareceron en rolda de prensa en Pontevedra, ademais de Aldea, o presidente da Asociación Culturgal, Víctor López, acompañado dos principais patrocinadores da Feira: a Xunta de Galicia e Agadic, coa participación do seu director Jacobo Sutil, o concello de Pontevedra, coa concelleira Carme Fouces, e a Deputación de Pontevedra, coa responsable de Cultura, Victoria Alonso.

    CULTURGAL CG: Renóvase o cadro directivo do Culturgal CG CRÓNICA: XI Culturgal: Cada un fala da feira
    Música Literatura Arte Políticas Culturais Banda deseñada Sociedade
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada