culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Antía Veres gaña o XVIII º premio de tradución Plácido Castro
    O xurado premiou o seu traballo coa novela 'Unha muller perdida' de Willa Cather

    • 2 / 8 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • Lingua Literatura
    Compartir:


    Capa da obra premiada
    Capa da obra premiada

    O xurado da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución do inglés ao galego da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather, publicada por Hugin e Munin. O xurado valorou especialmente “a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela. Ademais chamou a atención sobre a significación da autora e a obra elixidas, inédita ata agora no noso sistema literario, que gozou sempre de amplo recoñecemento tanto nos EUA como a nivel mundial”. Antía Veres licenciouse no 2013 en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Dende entón, dedícase á tradución, ámbito no que traballa en varios proxectos, entre os cales destacan os de tradución literaria, que é o campo que más lle atrae e co que máis realizada se sinte. Neste eido, no 2017 recibiu pola tradución de Detrás da máscara, de Louisa May Alcott, o I Premio Realia de Tradución, galardón convocado pola editora Hugin e Munin e polo Concello de Santiago de Compostela. Ademais, no 2013, gañou o primeiro accésit pola tradución d’O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster, nos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo. O xurado desta edición do premio Plácido Castro estivo integrado por Olga López (Xunta de Galicia), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo), Víctor Caamaño (Fundación Plácido Castro), Xulio Ríos (IGADI) e Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega).

    FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO
    Lingua Literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    • 2019-12-11 12:41:52
    Víctor Freixanes, María Solar e Pemón Bouzas participan hoxe nun parladoiro en Pontevedra
    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    • 2019-12-11 11:49:33
    Este sábado a asociación fará a entrega de galardóns e presentará o XVº Anuario de Estudos do Barbanza
    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    • 2019-12-11 11:35:45
    Achega máis dun cento de propostas para realizar un consumo responsable a nivel de lingua
    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    • 2019-12-10 12:03:01
    O Salón Teatro de Santiago acollerá esta obra da que participan o Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración

    Hoxe na nosa edición

    Pablo Carpintero doa o seu arquivo musical ao Museo do Pobo Galego

    • 2019-12-11 13:57:22
    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    • 2019-12-11 12:41:52
    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    • 2019-12-11 11:49:33

    O Plan da Ribeira Sacra achegará 34 millóns a esta área

    • 2019-12-11 11:47:18
    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    • 2019-12-11 11:35:45
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada