culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Laiovento inicia as publicacións dedicadas a Carballo Calero
    Catro análises sobre o autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras ven a luz este outono

    • 9 / 9 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • literaturalinguaDía das Letras Galegas 2020
    Compartir:


    Co Día das Letras dedicado a Ricardo Carballo Calero no horizonte, comeza a vaga de publicacións dedicadas a este autor. Segundo adianta Sermos Galiza, a editorial Laiovento abre fogo con catro títulos dedicados á vida e á obra do ferrolán entre as súas novidades para este outono. Unha actualización de Carvalho Calero e a sua obra, biografía interpretativa publicada orixinalmente por Martinho Monteiro Santalha en 1993 será un dos títulos, ao que se suma a reedición do libro de conversas Voz e silencio, publicado orixinalmente por Francisco Salinas Portugal en Edicións do Cumio en 1991.

    A colectánea Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación, que Pilar García Negro coordinou e deu ao prelo en 2010 a coincidir co centenario do autor, e mais Elucidacións na sombra, análise de dúas pezas teatrais do autor realizado por Manuel Castelao, completan os lanzamentos sobre o homenaxeado da man desta editora nos últimos meses de 2019.

    Sermos Galiza adianta os lanzamentos editoriais de Laiovento para o outono de 2019
    literatura lingua Día das Letras Galegas 2020
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada