culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Domingo Tabuyo resulta gañador do I Premio de Poesía Camiño de Santiago
    Das viaxes maiúsculas reportaralle ao autor 1.500 euros

    • 18 / 9 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • literatura
    Compartir:

    Domingo Tabuyo. Fotografía de Distrito Xermar. Fonte: AELG
    Domingo Tabuyo. Fotografía de Distrito Xermar. Fonte: AELG

    O profesor do IES Francisco Asorey de Cambados e antigo deputado Domingo Tabuyo resultou gañador do I Premio de Poesía Camiño de Santiago. O autor impúxose no certame coa obra Das viaxes maiúsculas, que lle reportará 1.500 euros en metálicos e será publicada en galego e en castelán pola editorial Carena. O xurado destacou o seu traballo a "brillante imaxinería poética e a súa innegable capacidade simbólica, que invita ao lector a adentrarse no cosmos xacobeo a través dunha escritura fondamente conceptual e suxestiva, que se serve con mestría do endecasílabo branco e o verso libre".

    A este galardón, que convoca a Academia Xacobea co patrocinio de Ediciones Carena e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, concorreron un total de dezaoito obras de diferentes lugares de España e América, todas elas co tema de fondo de "a vida como camiño" e unha vinculación "explícita ou implícita co Camiño de Santiago".

    O Premio de Poesía Camiño de Santiago en La Voz de Galicia Domingo Tabuyo no web da AELG Premio de Poesía Camiño de Santiago no web da Academia Xacobea
    literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

    A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

    • 2019-12-13 12:24:05
    As tres obras gañadoras estrearanse na tempada 2020 da formación viguesa
    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    • 2019-12-13 11:20:26
    Oito cines acollen a estrea da versión cinematográfica da aclamada produción escénica

    Asociacións do teatro e a música queren parar os cambios estatutarios de Agadic a contra reloxo

    Asociacións do teatro e a música queren parar os cambios estatutarios de Agadic a contra reloxo

    • 2019-12-12 14:21:55
    Desde AAAG, ATG e MAV ven no proxecto de decreto un paso adiante no 'desmantelamento' dos servizos públicos culturais

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada