culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Un ensaio sobre os soberanos da Galicia castrexa gaña o Premio Murguía de ensaio
    Martín Fernández Calo fíxose co galardón que convoca a Deputación da Coruña

    • 9 / 10 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • historia
    Compartir:


    Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa é o título da obra coa que Martín Fernández Calo se facía onte co XII Premio de Ensaio Manuel Murguía. A Deputación da Coruña convoca este galardón que recoñece traballos de investigación sobre calquera aspecto do noso país. O xurado, que destacou o rigor e a claridade expositiva da obra, apuntou que "amosa unha profunda e rigorosa análise da institución de príncipes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. É singularmente meritoria dadas as dificultades da interpretación social do rexistro material de época castrexa". Do mesmo xeito, o fallo destaca a "sólida argumentación teórica, grazas á lectura científica do limitado corpus epigráficos, dun rico abano de clásicos latinos e de copiosas e pertinentes referencias bibliográficas (galegas, españolas e estranxeiras)".

    Miguel Anxo Seixas Seoane, Rebeca Baceiredo Pérez, Iria Veiga Ramos, e os gañadores da edición anterior Raúl Sotelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó ademais do deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria, foron os responsables da selección. O gañador recibirá 6.500 euros en metálico e verá a súa obra publicada.

    Fallo do Premio Manuel Murguía no web da Deputación da Coruña
    historia
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

    A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

    • 2019-12-13 12:24:05
    As tres obras gañadoras estrearanse na tempada 2020 da formación viguesa
    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    • 2019-12-13 11:20:26
    Oito cines acollen a estrea da versión cinematográfica da aclamada produción escénica
    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    Hoxe chega as salas do país 'Eroski Paraíso', a película da obra teatral de Chévere

    • 2019-12-13 11:20:26
    Oito cines acollen a estrea da versión cinematográfica da aclamada produción escénica
    Asociacións do teatro e a música queren parar os cambios estatutarios de Agadic a contra reloxo

    Asociacións do teatro e a música queren parar os cambios estatutarios de Agadic a contra reloxo

    • 2019-12-12 14:21:55
    Desde AAAG, ATG e MAV ven no proxecto de decreto un paso adiante no 'desmantelamento' dos servizos públicos culturais

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada