culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Preséntase a edición do libro 'Co pai' do falecido Neira Vilas
    O volume ata agora inédito conten 25 textos escritos na Habana no ano 2000

    • 10 / 10 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • Literatura
    O volume ata agora inédito conten 25 textos escritos na Habana no ano 2000
    Compartir:


    O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu onte a presentación dun volume ata agora inédito do propio Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015), titulado Co pai e que a editorial Galaxia ven de sacar do prelo. Este volume é un traballo póstumo de Xosé Neira Vilas que recolle 25 breves textos en que o autor nos traslada a memoria de experiencias vividas a carón do seu proxenitor, case sempre vencelladas á casa e aos labores agrarios. Esas 25 prosas breves foron compostos na Habana no ano 2000, pero ata o momento permaneceran inéditas. Trátase dun libro de carácter memorialístico, do que cómpre salientar a singular prosa poética do seu autor que, neste caso, se desprega sobre unha serie de textos breves no que se xuntan a dimensión narrativa e a lírica. Engádese así este libro póstumo a outros nos que Neira Vilas foi elaborando unha memoria literaria coa que evocar o eido orixinario e os afectos familiares. Na presentación deste libro póstumo interviñeron Valentína García, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Dolores Vilavedra, editora de Co pai. Xosé Neira Vilas foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana. É autor dunha extensa obra literaria na que destacan as súas Memorias dun neno labrego (1961), a novela máis reeditada e traducida da historia da literatura galega.

    EDITORIAL GALAXIA : CO PAI
    Literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada