culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Galicreques continúa a medrar na súa 24 edición
    Vinte e cinco compañías de títeres visitarán Compostela entre o 12 e o 20 de outubro

    • 11 / 10 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • espectáculosteatro
    Compartir:


    O Concello de Santiago acollía na mañá deste 11 de outubro a presentación da vixésimo cuarta edición de Galicreques. O veterano festival dedicado aos títeres medra na súa nova xeira e achegará un total de 25 compañías de diferentes países, entre elas 11 galegas, e máis de 50 funcións entre os días 12 e 20 deste mes. Profesionais e grupos chegados de Perú, Francia, Bosnia, Arxentina, Portugal, Castela-A Mancha, Valencia ou Madrid fan parte dun programa que ocupará os escenarios do Teatro Principal, da Fundación SGAE e dos centros socioculturais composteláns, para alén de manter unha importante presenza nas rúas da cidade.

    Entre as novidades, unha maior duración do programa que se desenvolve na Alameda ou unha maior oferta escolar, con funcións que chegan a 1.600 crianzas, amosan a forza dun evento que desenvolve extensións nos concellos de Betanzos, Carral, Arteixo, Culleredo, Vigo e A Coruña, aos que levará 22 funcións ata finais de mes.

    Como puntos fortes do evento, destacan sete estreas, entre elas a da galega Títeres Alakrán que presentará Finisterrae, o último ultramarinos, un espectáculo que reflexiona sobre a decadencia da vida rural a mesturar o traballo actoral con títeres de fío e sombras. Canda a esta estrea, a compañía madrileña La Mar de Marionetas presenta no evento Pazzzzzzz, desde Arxentina Tres Tigres Teatro, Teatro Piedra Libre e La Pelela Títres achegan as súas últimas producións e o combo internacional Mad Compass presenta El Barrendedro.

    Dentro das propostas que se poderán ver no programa, o director do evento, Jorge Rey, destacou a prposta de El viaje a la luna, Le voyage dans la lune da compañía valenciana Triestitelles. A montaxe, que implica catorce persoas e conta con música ao vivo, recrea a través de títeres o célebre filme mudo de Georges Méliès.

    Web de Galicreques Presentación do Galicreques en Erregueté
    espectáculos teatro
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada