culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Culturgal mantivo o seu tirón con 14.000 asistentes
    A feira ofreceu en Pontevedra aires renovados cun importante programa para público e profesionais

    • 2 / 12 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • Políticas CulturaisSociedadeMúsicaLiteraturaaudiovisual
    Compartir:


    A feira das industrias culturais Culturgal pechou onte as súas portas acadando, segundo a organización, unha cifra de 14.000 visitantes nunha primeira estimación, o que deixa sentir unha estabilidade de público respecto ás anteriores edicións do evento. Neste ano Culturgal presentou aires renovados visibles xa na conformación de espazo e no deseño físico de postos, cuns materiais industriais que tiveron boa acollida xeral, pero aos que non faltou opinións contrarias entre os expositores que os consideraran pouco axeitados. A feira, conseguía, en todo caso e como era o seu lema desta edición, "darlle unha volta" ao que se viña facendo e refrescar un pouco o formato, mellorando de paso o fluxo do público dentro do propio recinto, nas horas de máxima afluencia. Este ano ademais foi moi visible a presenza do sector dos videoxogos, concentrado nunha "illa" propia no centro do recinto e unha xornada no Salón de Actos. A presenza de institucións, asociacións e grandes editoriais, ademais das iniciativas de economía social, acadaban postos destacados na feira. No relativo ás actividades o programa era denso e variado, cheo de oportunidades para coñecer as iniciativas máis dinámicas e salientables tanto públicas como privadas. A presentación do xornal NÖS, da Fundación Luzes, das axudas de O teu xacobeo e outras novidades pasaron polos seus espazos. As actuacións na carpa de Tanxugueiras e Dios ke te Krew acadaron un éxito de asistentes que deixaron pequeno o espazo. Tamén as proxeccións Eroski Paraíso e O que arde conseguiron atraer ao Salón de actos a centos de persoas.

    Políticas Culturais Sociedade Música Literatura audiovisual
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada