Presumido abren hoxe no Barco os Directos Xacobeo’21 en Salas

O novo circuíto de concertos busca reactivar o sector das salas de concertos

O novo circuíto de concertos busca reactivar o sector das salas de concertos
Presumido
O ciclo Xacobeo’21 empeza a súa andaina na localidade ourensá do Barco de Valdeorras co concerto de Presumido. O dúo de electro-pop sae do confinamento con novos temas baixo o brazo ademais de coa continuación da xira do seu disco Cuatro estaciones(2019). Este directo inaugural terá lugar hoxe martes 28 de xullo, na sala Baixo 5. A actuación forma parte dunha longa lista de directos que se celebrarán ata o mes de outubro e que forman parte do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico da Xunta de Galicia, financiado integramente polo Goberno galego e coordinado pola Asociación Galega de Salas de Concertos Clubtura. Nesta mesma semana haberá outros sete concertos deste ciclo en salas de Bueu, A Coruña e Lugo. O ciclo busca reactivar o sector das salas de concertos galego, afectado de forma especialmente intensa tras a crise da COVID-19, programando bandas galegas, e realizando gravacións de todos os concertos, que de acordo coas bases da convocatoria poderán verse a través da web do proxecto, www.directosxacobeo.com, permitindo así unha maior accesibilidade á cultura galega e á música en directo.