INTERSECCIÓN exhibirá obras de máis de vinte artistas galegas

O Festival de Arte audiovisual Contemporáneo comeza este venres na Coruña

A cuarta edición de INTERSECCIÓN - Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, comezará este venres 22 e prolongarase ata o 31 de outubro na Coruña exhibindo na Fundación Luís Seoane obras de máis de 20 artistas galegas e colaborando para a sección Contemporánea con tres galerías da Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia. A galería Nordés propón as obras de Narelle Jubelin y Helen Grace; Metro, unha de Lúa Gándara e Vilaseco, unha de Rodríguez-Méndez. A sección galega do festival aposta, unha vez máis, por unha selección de obras heteroxéneas en canto a estilos, formatos e perfiles. Así, os traballos de Sabela Eiriz, Acacia Ojea, Blanca Rego, Ruth Montiel, Alejandra Pombo, Carme Nogueira y Santiago Talavera, cuestionan o estado xeral das cousas e propoñen outras formas posibles de habitar: dende o dixital, o distópico, o íntimo ou o espectral.

INTERSECCIÓN focaliza a súa programación en obras que se atopan no cruce do arte contemporáneo e o cine de vangarda, abarcando unha gran variedade de formatos, técnicas e linguaxes. Ademais das proxeccións, INTERSECCIÓN complétase con actividades de xeración e transferencia de coñecemento, de formación específica e de diálogo cos diversos públicos, entre os que se atopan investigadoras, galeristas, comisarias e demais profesionais, así coma a cidadanía en xeral. A sección Escolas é un espazo que busca visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenrola nas interseccións das artes. A Galería Solaina, co-organizadora da sección nesta edición, convidou ás participantes da convocatoria a reflexionar nas súas obras no entorno á dicotomía Ciudad vs Rural. Das obras recibidas seleccionáronse 15 pezas de distintas disciplinas. Así, os traballos de Adrián Salgueiro, Ana Sánchez, Antón Zaera, Cinema Semente, Cristina Chiarroni y Rokekes, Daniel Emmanuel Iglesias, Daniel Selas, Elvira Martos, Inma Veiga, Laura MS, Lil Chachi, Nora Galván, Santiago Barandiaran, Seares y Telarete móstranse agora nunha exposición colectiva que reúne diferentes perspectivas do rural. O evento estrea ademais a sección Conexión Atlántica by 1906 que, patrocinada por Cervezas 1906, propón a fusión do arte, a gastronomía e a cervexa para aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial. Retallos ao azar, de Iria Vázquez, é a performance que da inicio a Conexión Atlántica. O traballo da artista e o de Iván Domínguez, chef de NA-DO, dialogan nunha maridaxe de arte e gastronomía.
Ligazóns