Elahood estrea , primeira coprodución do Centro Coreográfico de 2022

O Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros acolle o espectáculo este 18 de febreiro

Un "collage que parte da intuición máis naif de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que convida á reflexión colectiva das preocupacións actuais". Así define a compañía de danza Elahood , a súa nova proposta. Co lema "Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é" como punto de partida, a compañía estrea este venres 18 de febreiro ás 20:30 no Auditorio de Oleiros a que é a primeira coprodución do Centro Coreográfico Galego deste ano.

Aina Lanas e Kenrick Sandy desenvolven esta proposta dirixida por Sandy canda a Sabela Domínguez e Julia Laport. Segundo explica a presentación do proxecto, este espectáculo desenvolve a "danza precisa, limpa e extremadamente coordinada" propia da formación combinada coa integración de texto e de voz. A compañía publicou na súa canle de Youtube varios vídeos a abordar o proceso creativo desta peza.