Polo Teatro Principal de Pontevedra pasarán espectáculos como 'Encerrona' de Pepe Viyuela, 'Grándola de mi querer' de LuÃs Pastor, ou a obra teatral 'As alumnas', con Anabell Gago e Mónica Caamaño seguindo un texto de Paula Carballeira. En cada unha das xornadas prográmase como final un faladoiro para conversar e reflexionar sobre os temas que son eixos do festival. O domingo pecharase o programa do festival cunha gala solidaria de 'Pallas@s en rebeldÃa' especificamente a prol do pobo saharauà onde estarán artistas como UxÃa Senlle, Yslem Hijo del Desierto, DakidarrÃa ou Isabel Risco. O acceso a faladoiros e proxeccións será de balde ata completar aforo. Os espectáculos terán un custo de 8 euros (4 euros prezo reducido)