Padrón institúe o premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva

¡Ai, Maruxiña!

Maruxa Villanueva xa ten o seu propio premio. É o mesmo que leva o seu nome e co que, dende onte, a corporación municipal de Padrón pretende ofrecer un apoio máis ó teatro galego. Deste xeito, xunto co María Casares de A Coruña preténdeselle render o recoñecemento a dúas figuras relevantes da historia do noso teatro.

Cartos e estatuiña



Tódalas persoas relacionadas co teatro dende o punto de vista institucional e académico apoiaron este premio, segundo Anxo Abuín, profesor da Teoría da literatura e especialista teatral e coordinador do mesmo. Un premio que nace coa honra de ser o primeiro destas características que promociona unha administración local en Galicia e que está composto por trece membros destacados dentro do mundo das artes. Un equipo que se reunirá en dúas ocasións para elexir ó gañador deste ano que obterá unhas 200.000 pesetas e unha estatuíña en bronce co busto de Maruxa Villanueva, coa obra do escultor Camilo Rodríguez. Os membros do novo premio de interpretación son Francisco Pillado, autor dos traballos pioneiros no mundo do teatro, Manuel Vieites profesor e crítico teatral, José Manuel González Herráns, catedrático de Literatura Española, Miguel Gómez Segade, que foi director da aula de Teatro de Santiago, LIno Braxe, especialista, crítico teatral e director, ademais de Rubén garcía, director da Feira de Teatro de Galicia.



Nome artístico


Maruxa Villanueva é o nome artístico de María Isaura Vázquez, unha guardesa afincada en Padrón durante máis de trinta anos (onde foi gardiá da Casa Museo de Rosalía) e que foi actriz na emigración. Con este certame o seu coordinador sinala que contribúe a que tanto o teatro como o a profesión teatral sexan recoñecidas publicamente.