culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    María Villarino faise co premio Pura e Dora Vázquez de ilustración
    Manuela Elizabeth Rodríguez impúxose no Premio Compostela Ilustrada

    • 11 / 11 / 2019
    • Santiago. Redacción
    • artebanda deseñada
    Compartir:


    A gañadora do Premio Compostela Ilustrada 2019
    A gañadora do Premio Compostela Ilustrada 2019

    A fin de semana acabou coa concesión de dous galardóns a dúas ilustradoras ourensás. María Villarino López foi seleccionada no XVI premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración, convocado pola Deputación de Ourense. O traballo da autora iluminará a obra Os outros oficios, coa que Rafa Villar obtivo o galardón na modalidade de narrativa e Villarino recibirá 1.500 euros. O xurado destacou que os deseños da autora "invitan ao pensamento e á reflexión e teñen un compoñente de misterio e imaxinación moi interesante" ao tempo que "se adaptan moi ben ao texto, sendo imaxes creativas cunha técnica pictórica moi depurada que demostra un bo coñecemento da historia da arte".

    Pola súa banda, Manuela Elizabeth Rodríguez fíxose co galardón Compostela Ilustrada na segunda edición deste certame. Unha ilustración da Rúa do Vilar realizada na tarde do pasado xoves 7 de novembro valeulle facerse co premio que se entrega no marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe. A autora integrou nun único deseño dúas horas de actividade nun mesmo punto da rúa. O premio, patrocinado polo Café Casino, conta cunha dotación de 300 euros en metálico e un lote de produtos de debuxo.

    Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustarción no Faro de Vigo Fallo do Premio Pura e Dora Vázquez no Facebook da Deputación de Ourense Premio Compostela Ilustrada en Galiciapress Web de Compostela Ilustrada
    arte banda deseñada
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada