culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Agasallamos tres CD completos do segundo volume do xogo Galeoke
Promoción

CELEBRA AS FESTAS COMPETINDO A CANTAR CONTRA AMIGOS E FAMILIA CO NOVO VOLUME DO GALEOKE
SORTEO FINALIZADO

Agasallamos tres CD completos do segundo volume do xogo Galeoke


15 / 12 / 2011
Santiago. Redacción

Este xoves 15 de decembro, cunha festa no local Casa das Crechas de Santiago (22:30 hrs) , preséntase en sociedade un novo volume, o número 2, do Galeoke. Facer karaoke con Fía Na Roca, The Homens, Heredeiros da crus ou Leilía, entre outros moitos cun sistema de puntos que permite artellar competicións. Esta é a divertida proposta do Galeoke que xa vai este ano polo seu segundo volume en CD e que este Nadal xa estará nas tendas. E ti podes telo na túa casa participando neste sorteo, xa que Galeoke envíanos tres CD do seu GALEOKE Vol. 2 para agasallar entre vós. Para conseguilo só tes que revisar no seu sitio web a lista de cancións incluídas nos volumes 1 e 2 do Galeoke e propor algunha outra canción diferente que se puidese cantar do repertorio en galego que coñeces.

pregunta
Que outra canción en galego lle engadirías ao repertorio dos volumes de Galeoke?


As respostas enviaranse ata as 15 horas do xoves 22 de decembro ao correo mega@culturagalega.org .

O correo debe levar como asunto “sorteo GALEOKE” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá catro nomes de xeito correlativo.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do venres 23 de decembro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselles directamente aos gañadores ou gañadoras pedíndolles os seus enderezos postais.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos CD de Galeoke e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.
Cultura Galega non se fai responsable de calquera problema técnico ou dificultade no uso destes CD.


Sorteo pechado


Gañadoras:

1. Natalia Liñares Becerra

2. Cristina Flor Otero

3. Rosa Varela Domínguez

Hoxe en culturagalega.org

O WOS de Santiago engade oito novos nomes ao seu cartel
O Caudal Fest de Lugo engádese ao circuito de festivais musicais
A Cidade da Cultura acolle este evento entre o 26 e o 30 de agosto
40 creadores e creadoras emerxentes parcitiparán no VIII Encontro de Artistas Novos
O programa ONDA reunirá artistas e creadores entre o 20 e 22 de xullo en Compostela
Nace o Observatorio da Nova Diáspora para poñer en valor a creación dos novos emigrantes
Festivais como Sundance, Berlin, Bos Aires ou San Sebastián acolleron as cintas
Dez producións audiovisuais reciben axudas para acudir a festivais internacionais
Hoxe comeza a nova programación no Grove e Laxe
O segundo semestre da rede de música ao vivo ofrecerá 136 concertos
A compañía anuncia tamén unha versión audiovisual de Eroski Paraíso
Chévere representará Río Bravo unha vez ao ano
Xa están dispoñibles os primeiros 26 números
O CCG dixitaliza o semanario A Nosa Terra
Achegámonos ao 'inferno negro' do Resu 2018, un dos máis potentes e lúdicos eventos de entretemento e música con proxección internacional
No ventre da besta
Crease unha nova liña de axudas a festivais, ciclos e mostras de artes escénicas e musicais
Ourense presenta un plan estratéxico bianual de subvencións á cultura
A Xunta convocou onte esta liña de axudas no marco da estratexia Memoria Dixital de Galicia
Entidades sen ánimo de lucro repartirán 800.000 euros para a dixitalización de patrimonio
A súa obra As Ramonas será publicada pola editorial Galaxia
Ana Cabaleiro imponse no XXX Premio de Novela Manuel García Barros
Os pratos fortes serán a representación de 'Il Pirata' de Bellini e un espectáculo sobre a historia musical da Coruña
A programación lírica da Coruña celebrará os 250 anos de ópera na cidade
O V Premio de Poesía López Abente é para Noelia Gómez Calvo
Gonzalo Hermo gaña o XVI Premio de Poesía AFundación
A maior parte das subvencións van detinadas a traducións ao galego
Resólvense as axudas á tradución
Aparecen restos de columnas e inscricións
Finaliza a quinta campaña no castro de Armea revelando "unha auténtica cidade romana"
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org