Os milagres de santo André de Teixido


Lugar: Chímparra - Cervo .
Concello:Cedeira

Observacións:
Informantes: varias veciñas e veciños de distintas idades.
Data: Xuño do 1975.
Gravación: M. González González (E) e R. Álvarez Blanco.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

I1: È, è moita xentiña iba. Aí de Mal[pica], unha, unha, unhos romeiros de Malpica, unhas romeiriñas, que durmiran na nòsa casa. ¡Eso fora verdá èh! Si, volveu, foi catro veces no vrao a san Andrês, por catro personas que lle morreran. Como todas xuntas n’as podía levar, pois iba, de cada viaxe levaba unha.
E: ¿È facía moitos milagros o san Andrés como din?
I2: Non facía ninghún. Ê que, ê que, ê que daba, daba, dáballe unha vòlta a calquèra persona; osté dálle unha vòlta, è vaille mal. Despós volvemos en si; è despós botábanlle a culpa a san-
-Andrês que, que èra que o salvaba.
E: È san Andrés ó mellor sin culpa ningunha.
I2: È san-Andrês sin culpa ninghunha.
I3:È levaban caixós.
I2: Non hai máis nada, que así.
E: ¿È levaban tamên caixas de difuntos?
I2: Caixas, caixas de pequenos, porque lles iba mal, è despois volvían en si, èsí èra o conto.
I4: Iso nada, iso ê que non... Cada un cre o que lle, ¿non sabes? A min eso non...
I2: Nada, nò, deso nada.
I1: Deso nada, si.
I4: Eu sei, eu sei, eu sei que unha familia, unha familia de, unha familia de Santiakho ou dos arre[dores], das cercanías de Santiakho; èra unha familia numu[rosa], numarosa, unha familia millonaria, moi rica; è tiñan unha chavaliña enferma, maliña, desaudida dos mêdicos de que non había romedio pa èla, que morría. Ofrecéronlle a san Andrês un manto, toda a familia un manto de ouro, è un vestido. ¡Vaia!, ò sea bordado.
I3: Pró santo.
I4: Pó santo, bordado en ouro. È a chavaliña sanou è fóronllo lovar è tèno san Andrèsiño pòsto. Un milakhro khrande, un milakhro khrande que fixo o san Andrês, que eu casualmente o vin á pòrta da sancristía, o de cámara de televisión quitándolle fotokhrafías è, è varios fotôkhrafos quitándolle ó manto, è estaban as familias, seis rapazas, con el, co manto así. Iso foi certo, que o vin eu; cos meus òllos.
I3: Pero iso n’o cre naide, xa, que non... iso...
I1: Oíche mullèr. N’o cre naide, escoita.
I4:È, è, è os mêdicos, vari[os], os mêdicos de España enteira èh, que èra unha familia moi rica è, è todos viñan á misma òpinión de que non había salvación pá chavala. È ofrecéronlle eso, eso a san-Andrês, sea polo que queira, a pequena mellorou è sanou è.
I1: È lògho ese que vên de Santiagho, que dòrme na casa de riba, ¿èh?. Que estaba en Cuba è tuvo un ghrau pleito co, co Estado, èh. È, è dixo, vállame, iso oínllo eu moitas veces, vállame san Andrês de Teixido, Santiago; vállame san Andrês de Teixido, que se me ghana o pleito aquí en Cuba vou, heille de ir aló tódolos anos. È cheghou, comproulle o cáliz, comproulle o libro è comproulle toda a cousa de plata, lle comprou ó santiño. Así que eu n’o sei.
I3: ¡È khanouno!
I1: ¡È ghanouno! Buèno, pòs na nòsa casa en san Andrês -iso recôrdomi èu- que, èra un chòfer, è levoulle os frenos dun còche a San Andrês, que inda non sei si están colkhados si llos quitaron de alí.
I4: Quitaron todo pró depôsito que fixèron debaixo da ikhlesia.
I1: ¿Fixèron un depô[sito]? Ai, foi aquilo pa, decían que èra pa váteres.
I4: Si, tèñen así debaixo, ai amais pa váteres; pèro tèñen un apartamento pás caixas, que lovaron os pelekhrinos, pa caixas, pa muletas, pa embarcaciós de mariñeiros, que se vían en pelikhro os mariñeiros no mare, ¿non sabes? È ofrecíanlle os barcos a san Andrês, è todo eso têñeno en depôsito a parte.
I1: ¡Si, iso ê verdá èh!
I4: È os ataúces tíñanos na ikhlesia; è ás criaturas, a ós chavales que iban, que èran nòvos impoñíalles velas, os ataúces,
as caixas dos defuntos.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48