O valor das nécoras e dos centolos de antano


Lugar: San Cibrao - Lieiro .
Concello:Cervo

Observacións:
Informante: Un veciño, 71 anos, mariñeiro.
Data: Marzo do 1994.
Gravación e transcrición: E. Fernández Rei.
Fonte: AGO.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Naide andaba a elas. Si viña unha nêcora na rede, que viñan, que se mallaban è todo, machacábamola, machacábamola cos pês. Dicía o defunto de meu tío, que non sei se o conocías tu, dicía:
- Machácaa, coño, machácaa.
È veña co, co pê a machacala. De casualidá, collías unha pa comer; si collías unha, ¿non sabes?, se estaba (...) pèro non valía a pena eso. È empezamos un día, empecei eu de, de casualidá, aquí, porque quedeime a ver si se pescaba máis centolo de noite. È andábamos cunhas zarandas, un fèrro redondo, unha rede por baixo, que facía un pouco de saco, è deixámoslle unha boia arriba. È metíamoslle cebo è cando arriábamos ó pouco tempo á media hora ou cuarto de hora ou así íbamos levantar, habíaas que traían è habíaas que non ó centolo è dixen eu un día, vou mirar, a ver si se pesca máis centolo á noite, por aquí pegadiño á casa (...). È entonces, porque a nêcora de día non entra, ê mui raro tèn que haber moitas pa que entre, de día non traballa; è eso que lle poñía cebo è todo eso è non, non salían, non sei por que. È empecei a coller nêcoras, è collín, acôrdome que en dous lances que botei con dazaseis zarandas que tiña, è botei dous lances así, aínda èra casi día, è trouxen trinta è dúas nêcoras ¡grandes!, entre cinco è seis o quilo, pèro nêcoras grandes, ¡coño! È entonces vin, a mullèr estaba preocupada è dixo:
-Òi, ¡canto tardaches è tal!
Dixen:
- Mira, collín unhas nêcoras, -è collera centolos tamên, que había centolos-, collín unhas nêcoras.
È dixo:
-È aora como faigo.
È dixen
- Vai aí a xunta de Marcelino -bèn conocía a Marcelino, o hòme de Esperanza.
È dixo:
-¿È a como as hei vender?
È dixen eu:
-A ver si che dá a cincuènta cêntimos por cada unha.
È chegou alí è dixo:
-Marcelino, mira teño aquí trinta è dúas nêcoras, ¿interésache?
- A ver lògo, è tal. ¿È a como, a como chas hei pagar?
È díxolle ela:
-Dáme a como queiras tu, que eu non sei a como van... -porque daquela non se vindían è...
È díxolle el:
-Mira, Khosèfa a de Pèrna de Pau -a mai de Pedro- traíamas è queríame a, a unha cincuènta, pèro a unha cincuènta ê moito, que eu non poido vendela, pa quitarlle algo è tal, douche a peseta, ¿quès?
È dixo ela, è dixo:
-Si.
Èran trinta è... estaba ganando un hòme, traballando nos barcos, facendo nos barcos aí no río, ghanaba dazaoito ou vinte pesetas no día, todo o día, è decía eu: ¡mecachis en dièz esto ê unha Habana! O caso ê que empecei, despois fixen unhas nasas, sabía de que andaban algunhos con nasas, os Puchinos de Burèla iban con, con nasas è iban pa vender o domingo en Burèla. È entonces fixen unhas nasas è largábaas desde tèrra unha nasa ou dúas aquí desde, desde ó pê da fábrica esa, è ó pouquiño tempo levantábaas, catro ou cinco nêcoras cada unha, ¡mecachis en dièz! Entonces fixen, eu largábaas por ese, viñan calladas, ó pouco tempo; è empezamos è despois había un, un que levaba o centolo, que èra de aí do Barqueiro è, è levábanos o centolo, è entonces dixêmoslle si quería as nêcoras:
- Si hò. Quèro.
Porque en Xixón, xa o vendía bèn daquela; pèro aquí non se andaba daquela è tal. È pagóunolas a dèz pesetas o quilo, a dèz o quilo, è collían, xa, xa valían mitá máis que vendéndoas a peseta.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48