Varios textos


Lugar: Vilamar - San Xusto de Cabarcos .
Concello:Barreiros

Observacións:
Informante: Un veciño, 20 anos, estudante.
Data: Abril do 1995.
Gravación e transcrición: E. Parga Valiña.
Fonte: AGO-ADLG.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

A limpeza das praias
I: De vrau, ó acabar o curso normalmènte sèmpre traballo. Este ano tuvè[mos], este ano pasao tuven traballando no, no Servicio de Estinción de Incèndios Forestais; o ano pasao, limpiando nas plaias, è os últimos dous anos na, na costrución. A ver este ano en que lle tòca.
E: A ver.
I: A ver.
E: ¿È que facedes no, no das plaias?
I: Pois limpiar a, sacar a mèrda que deixaban os turistas o día anterior, è mais o que trae o mar: bòtes, botellas è as algas, enterrábamos todo, as algas; despois os bòtes non. Os bòtes metíamolos nunha bolsa de plástico è pá papèlèra. Pèro as algas entèrrábamolas todas.
E: ¿È con que facedes eso, que, que ferra[menta]...?
I: ¿Que ferramènta? Tíñamos un rastrillo è unha pala pa entèrrar as algas namais. Buèno, rastrillos había varios; pèro despois, ás veces tamèn viña unha pala do aiuntamiènto, que che, xa che entèrraba el todo. Aforrábache traballo. Cargábanse cunha galleta, cunha espècie de galleta, cunha pala pèro con dèntes; è cargábalas no cazo è despois xa facía ela o furao è xa entèrraba todo.
E: ¿È...? ¿Que iba decir eu? ¿Que hòrario tíñades no da plaia?
I: Ó primeiro empezamos con hòrario de, de sète a doce, doce da mañá. Sète había que tar alí. Parábamos ás nòve pa tomar o bocadillo. Tíñamos media hora, pèro normalmènte èra unha hora, è ás doce parábamos. Despois, aí en chegando finales de agosto xa, ás sète xa non se vía, cambiaba o día, entonces ás sète, ás sète inda èra noite, todo eso. Empezábamos ás oito è media, parábamos ás doce è media; è cando chovía, èra mellor que, que non ibas traballar.
E: ¿Non?
I: Tiñas que ir asta alí pèro mandábante pá casa, pèro eso sôlo pasou dous ou tres días.

A extinción de incendios
E: È no de Estinción de Incèndios, ¿que facías?
I: Mitá da... por aquí inda houbo suèrte gracias a Diòs que, inda non, non ardeu muito. Asi, que por aquí andábamos, limpiábamos a veces, lògo, mandábannos limpiar camiños, limpiar depôsitos da auga.
E: ¿È con que limpiábades os camiños?
I: Temos fouciños è fouces, máis bèn. Non tíñamos outro, desbròzador non tíñamos, limpiar os depôsitos da auga è namais. È pois había veces que nos mandaban pa, hou[bo], houbo dous, dous casos que nos mandaron pa, pa Becerreá, pó, pós hèlicôteros; que por aló, como arde moito, mandáronnos pa aló. È tuvèmos que salir a dous, a dous incèndios no hèlicôtero, unha vez á Fonsagrada è outra vez a Baleira ou por aí.
E: ¿È con que apagades o...?
I: Co batelumes, tíñamos batelumes è unha fouce pa cortar, se hai que facer un cortafuègos, pèro normalmènte batelumes.
E: ¿È non vos axudan con auga nin nada?
I: Buèno eso, despois xa, había veces que tiñas que axudar a regar, as motobombas... Había motobombas è tiñas que axudar a regar. Se tirabas, ou tirabas pola manguèra pa, chegar ós outros pèro, namais.
E: ¿È con, non, con avionetas ou algo así non vos axudaron nunca?
I: Si, houbo, è máis, amais molláronnos ¡carakho! Tuvêramos nun, nese, na Fonsagrada. Estábamos tirando pola manguèra, è vên unha, è descargounos mitá encima de nosoutros.
E: ¿Pèro eso non ê peligroso, que che caia así a auga?
I: Èra un avioneto... o avioneto èra pequeno, que se chèga a ser dos grandes, túmbate; pèro èra pequeno è ¡buèno!, molloute un pouco namais. A min cazoume dunha vez que, da siguiènte vez xa o vin vir è dixen eu, “non”. È empecei a correr monte abaixo è, è non me chapou. Bèn deitei.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48