Un conto de meigas


Lugar: Viladonga - Viladonga .
Concello:Castro de Rei

Observacións:
Informante: Un veciño, 30 anos, labrego.
Data: Decembro do 1974.
Gravación e transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Pèro entre outras històrias ou realidades, contaba un tío meu, que unha vez iba de mozas, è, iban, a ver unha rapaza, que na casa da rapaza, tiñan mala fama ou decían que èran meigas. È miraron pola lumieira, porque èra unha casa desas dos puèblos antiguas, i-èstaban abaixo facendo nas fillògas; è tiñan un animal desos que lle chaman o sapo preso cun cordón por unha pèrna è cada fillòga que facían cruzábana co sapo, è decían:
- Salta saparranchón, pra eles si, è pa nosoutras non.
I-èntonces cando eles viron aquelo chamaron á pòrta, è, dixo:
-¡Pasen, pasen, pasen!
È tratáronos con moito cariño, è dixèron:
-Han come-las fillògas que chegaron a boa hora, que as estamos facendo.
I-èles dixèron:
-Temos que ir aí asta a tabèrna...
I-èlas ensistiron en que as comesen:
- Pos si n’as còmen, pa tomar unhos vasos de viño, lèven unhas poucas.
I-àfètivamènte. Meu tío dixo:
- Collémo-las fillògas è envolvéronnolas nun papèl, è levámolas, i-àsí ó lado había un cortello cunha cocha è como víramos aquelo do sapo, tirámosllas á cocha, i-à cocha empezou a correr, è saliu, botouse da corte è saliu tras de nosoutros coma queréndonos comer cunhos ronquidos que impoñían, unhos bramidos que parecían ultraterrèstres. Asta que por fin, cruzando paredes è silveiras, non-os deixaba, acordeime que levaba un resario no bolsillo e tireillo na cabeza á cocha, i-à cocha desaparceu.
Se esto foi verdá, podemos creer que había meigas; pèro eu non-o vin, pèro confianza en meu tiu tíñaa.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48