Varios textos


Lugar: Deixebre - Deixebre .
Concello:Oroso

Observacións:
Informante 1: Unha veciña, labrega, 63 anos.
Informante 2: Un veciño, carpinteiro, 69 anos.
Data: Xuño do 1976.
Gravación: R. Álvarez Blanco (E1) e F. Fernández Rei (E2).
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

O entroido
I1: O sábado facémo-las fillòas, è o domingo vèñen-os invitados a antroidiar, a antroidare. Amair vèñen pois vest[idos], vestidas os, as máscaras vestidas de, buèno de, defrazadas, así, con carantoñas è roupa vèlla. Despois o lunes, pois tamên; facémo-
-las fillòas, è, è vèñen xente è imos a outros sitios tamên comelas. È o martes dámolle romate, ó antroido.
E1: ¿È o khuèves de comadres que se fai?
I1: O khuèv[es], o miêrcoles ê miêrcoles do, dos compadres è o khuèves ê das comadres, è or vièrnes ê dos lévados; poñe-la lavadura a levedar, pa, o sábado, face-las fillòas.
E1. ¿Pèro o khuèves de comadres...?
I1: Nò. Antes iban á casa dos compadres ur dos outros. Aghora non van. È non hai máis.

O san Xoán
I1: Día de san Khuan, tamên.
E2: Ê mañán.
I1:Si, pois, apáñanse unhas ròsiñas, us, unhas flores de bieiteiro è us palitròques.
I2: ¿Ê mañán o vintècatro?
E2: Ê mañán.
I1: Ê mañán o vintètrés, o vintècatro ê pasado mañán.
I2: Khueves.
I1: Si.
E2: Mañán ê a noite.
I2: Ai si. Khuèves ê o vintècatro.
I1: Eso. È poñèmos, poñêmolos, encolghados por aí arredor das pòrtas è das ventanas; è á noite, collemos unha larada de toxo, è facemos unha cacharèla; è despois saltan os mozos por riba dèla. È collemos unha pouquiña iaugha nunha pòta è poñêmolle un, desas ròsas todas. Unhas pouquiñas así nunha ventana è antes de raia-lo sòl collêmola pa dentro. Despois lavámonos todos desa augha. O sòl eu nunca o vin bèilar, día de san Khuan. Disque baila a raiar, pèro eu nunca o vin bèilar.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48