O meu marido traballa, ê akhènte de espetáculos, contrata orquèstas, bandas, atraciós, tèn grupos èlètrôkhenos, tèn bombas, tèn palcos, tèn de todo, o que pòde facer un, unha, unha fèsta vir onda el è el faille todo: fai, sácalle os contratos, faille as rifas, faille os cartèles, faille todo. Chámase, ê un, ò sea xa fai once anos que traballa nesto do espetáculo, è, eu è mais o meu fillo pos traballamos aquí, no, no bar. O meu fillo aora está libre de quintas è quère levar el a cafetería. Eu axúdolle no que poida asta que se case. Cando se case è teña a súa mullèr pos, eu irei co meu hòme por aí ás fèstas, è axudareille a el no do espetáculo, no que pòida. Tèn unha oficina en Monterroso, montada, è tèn outra en Melide. È a, a principal ê aquí en Melide; è despós tèn unha delegación alá, porque el traballa moito a zona de Monterroso; traballa, as fèstas todas darredor de Monterroso fainas el. È entonces pos compramos alí un local è puxo alí unha oficina pa estar máis tranquilo, non ter que andar polos bares adiante enseñándolle á xènte os, os cartèles è enseñándolle á xènte as cousas è bebendo, se cadra o que non eso. È está na súa oficina, a xènte vai alí, tèn o seu telêfono, tèn o seu fas alí que... acôrdome que fai pouco tèmpo que, que lle puxèron o fas, que eu non sabía o que èra eso. È vèulle un aparato pá casa, è díxome el:
-¿Ves Mari este, este aparato?
Buèno esplicoume. È un día vèu aí o cristalèro, è díxome el:
-¿Está o teu hòme?
È díxenlle eu:
-Non, está durmindo.
Dixo:
-Ê que quería que me mandara este fas.
È díxenlle eu:
-Pèro, buèno, espera que cho vou despertar que eu non che sei como traballa eso, è vouno despertar è vên aora.
È dixo el. È díxenlle eu:
-Pèro mentras vai alí, á, á librèría è dille a Manòlo que che saque -que temos unha librèría aquí nesta calle - que che saque unha fotocòpia, porque así quédaste ti co papel, è despose, ¿non sabes? este como che vai pa alá.
È dixo el:
-¡Pèro carallo, o papel polo, polo fas non escapa, cona! O papèl terá que estar aí, ¿ou vai ir polo aire?
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||