O ferreiro e mailo cura


Lugar: Ouselle - Ouselle .
Concello:Becerreá

Observacións:
Informante: Unha veciña, 14 anos, estudante.
Data: Decembro do 1974.
Gravación: M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Von contar un conto que nolo aprendeu a maèstra na escuèla. Unha vez, foi un labrador de, de caza. Cazou dúas perdices. Cando che[gou], cando viña polo camiño encontrouse co señor cura; è díxolle o cura si llas vendía. O señor díxolle que nò, o único que podía facer era invitar a comelas. Entonces o cura díxolle:
- Von a dar unha misa. Cando veña da misa, pois xa von lògo comelas.
È di[xo]. Chegou o marido á casa e díxolle á mullèr que prepara as perdices, i-ò marido foi á misa tamên, pa despois vir canda o cura. A mullèr púxose a prepara-las perdices, è cando as estaba freíndo, chegou unha comadre, è díxolle:
- ¿Que, que fas aí? ¿Que estás facendo?
È dice ela:
- Estou fa[cendo], estou facendo o caldo è teño, con unto vèllo, por eso òle tan bèn.
Pèro a comadre non se confiou è mirara na sartên, è díxolle:
- Probémolas comadriña, a ver si teñen sal ou se non, porque si están sosas non valen.
Entonces probaron unha è como lles gustou a unha, comeron a outra. Cando chegou o marido á casa, chegou antes có cura, è chegou è díxolle á mullèr si estaban as perdices preparadas. A muller díxolle que si, entonces a mullèr soltouse a chorar. È dícelle o marido:
- ¿Que pasa?
È dice:
- Que, que non temos cuchillos pa, pa que o cura coma as perdices.
È dice el:
-Buèno, von á frauga facer dous, mentras non chèga o cura.
Cando chegou o cura, pòs, cando chegou o cura a mullèr seguía chorando, è dícelle o cura por qué choraba; è díxolle:
- Ê que o meu marido volveuse tolo è dice que tèn que ir á frauga facer unhos cuchillos pa cortarlle a osté as orellas. ¡Marche, se[ñor], señor cura, márchese antes de que veña!
Entonces o cura descalzou, descalzouse pa correr máis. Botouse a correr è cando chegou á pòrta da frauga, salía o señor da casa. I-ó sali-lo señor da casa, saleu o señor da frauga. È cando chegou á casa preguntoulle á mullèr, preguntoulle á mullèr que lle pasara ó cura, porque salía correndo. I-à mullèr díxolle que ê que lle escapara cas dúas perdices. O marido botou, o marido botou a correr tras das perdices, tras, o marido botou a correr tras do cura pa que lle deixara as perdices: i-ó chegar, can[do], ó chegar èlí cerca do cura, díxolle:
-¡Ai, señor cura! ¡Déixeme tan siquièra unha!
I-ò cura díxolle:
- ¡Ni una ni dòs! mis orellas...

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48