Vacacións en Ibiza


Lugar: Líncora - San Pedro de Líncora .
Concello:Chantada

Observacións:
Informante: Unha veciña, 25 anos, estudante.
Data: Febreiro do 1995.
Gravación: B. Varela Vázquez.
Transcrición: E. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ADLG.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

I1: Coñeces a moitísima xènte, ò sea, xènte que conocemos en Madrí, xènte de Madrí, eu que sei, de, andaluces, de, catalás, eu que sei, ábreste moito ¿non?
È tamên fomos a Formentèra è, nun barco, nun fèrri, desde Ibiza, è, buèno. Foi mui curioso, porque o primeiro que, que vimos ó chegar a Formentèra foi un, alí no puèrto, chámase o puèrto da Sabina, è o primeiro que vimos foi bar “El Rincón Gallego”. Mira, en Formentèra, no cu do mundo. Ê unha isla preciosa, èh, moito máis ca Ibiza...
E: Mui pequeniña, ¿non?
I1: Mui pequeniña, pèro ê moito máis ca Ibiza porque está nun estado natural, está como media virkhen ¿non?, mentres que Ibiza está superesplotada. È, è claro ¿non?, dixen eu:
-¡Ah, mira, bar “El Rincón Gallego”! Vamos alí.
À parte de que estaba a tòpe de xènte, porque èra, dos que había por alí èra o máis, o máis concurrido. È sentimos a xènte falar galego ¿non? è non sei, è eu dígolles:
- ¡ Ei, paisanos! ¿onde sodes? è tal.
È dime el:
- De Pontèvèdra, ¿è vôs?
- Pòs de Lugo, alí de Chantada è tal.
Eu que sei, mui bèn ¿non? que, que che fai moita ilusión, pois, hòme Formentèra tampouco ê que estea a miles de quilômetros, pèro buèno tampouco está cerca. È, que te tòpes así pòs con xènte... Din que os galegos creo que estamos en todas partes. Êche bèn verdá.
È mui bèn. Despós alquiláramos unhas biciclètas, un còche, ¡bah...!
E: ¿En que fostes? ¿en avión?
I1: Nò, fomos en... tuvèmos que ir asta Madrí. Mira tuvèmos que ir asta Madrí, despós de Madrí fomos en autobús a Alicante; despós de Alicante, collemos un barco que èra coma un trasalántico, ¿non?, èra unha pasada, tiña capacidade pa, para mil trescèntos vintènòve pasaxeiros; è buèno, coincidiu que iban máis parexas... Debían ir de luna de mièl, porque iban alí máis... increíble. È, eso iba a tòpe o barco, mil, tres mil trescèntos vintènòve pasaxeiros. Èra ènòrme, eu cando subín è tal, dixen eu: “¡Diòs! Esto ê como Vacaciós”, a película aquela, “Vacaciones en el Mar”, pèro sòlo que ê, en ve de ser un crucèro por onde èra aquil, polo Caribe ou onde fora, este ê, èra por o Meditèrráneo.
Pèro, buèno, mui bèn, è despois, nada. Eso, xa en Ibiza pois, xa te movías pola túa conta. O malo destes viaxes ê que teñas que ir a Madrí, èra a travês de “Mundo Khòven”, tiñas que ir a Madrí è, buèno. En Madrí tamên estuvèmos día è pico, porque, buèno, tiña alí familia, è...
È mui bèn, eu paseino en grande; a parte que cada vez que fas un viaxe, despois, claro, vês como, con pilas cargadas ¿non?, súper, superbèn è tès moitar ganas de facer cousas è de...
E: ¿Que estabas, nun hotel...?
I1: Si, estábamos nun hòtèl, si; estábamos nun hòtèl, pèro mui bèn. Èra, había unha señora que tiña así un acento rarísimo ¿non? è entón, eu sèmpre decía:
-Esta mullèr ê francesa.
È as outras decían que èra alemana; i-èu que èra francesa, è un día pregunteille ¿non?, díxenlle:
-Mire -tal- ¿usté è...? - Buèno pregunteille de onde èra è tal. È dice ela, que èra fra[ncesa], que èra de Francia.
Entonces eu xa dixen:
- ¡ Ala khodédevos aí que gano eu!, è tal.
Que èra de Francia, è que tamên vi[ña], fora de, fora de escursión tamên unha vez, buèno a Ibiza. È díxenlle eu:
- Claro, è conoceu aiquí a un isleño è xa quedou ¿non?
È dice:
- Eso, eso, eso mismo.
Foi ir de escursión. Claro, gustoulle alí un, un isleño, è dice:
- Ai, a ver si os pasa lo mismo.
I-èu:
- Non creo, hò, eu aiquí non me quedo.
Nò, pèro vamos, a xènte èra, na zona onde estábamos nôs, ¡bah!, inda non èra así mui tal, pèro en Ibiza capital èra superamable, èra mui abèrta, i-ò que si, o que si vías èra moito khipi. Buèno, ¡èra alucinante!. Èra, a min encantoume. Moitísimo khipi è, è moita xènte así pois, buèno, non rara, mellor, è alí co, i-àlí están mui abèrtos ¿non? sèmpre foi unha isla pòs que se caratèrizou eso, por, por os khipis è por toda esta xènte ¿non? è alí podíaste atopar de todo; ò sea que, xènte de mui, mui diferènte ¿non? ò sea, mui bèn. ¡Eu paseino! È tamên eso, fomos, fomos a un mercado khipi que debía haber, debía haber, non sei, sin esakhèrar unhos setènta, èra unha pasada. I-èran, a min sèmpre, buèno, sèmpre, sèmpre me gustou moito esa xènte è falabas con iles i-èran, èran alucinantes ¿non? porque, claro, cada un facía unha, vendía unha cousa, había a típica que, que vendía perfumes de, como esencias naturales ¿non? pois, azar, òpiun, estín, buèno, varias, è ofrecíache è tal, è dábache, mira, proba iste è tal, è buèno; despós de, de òler así varios, co alcòl, ¡entrábache un medio colocón!

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48