O viño de Amandi


Lugar: Barantes - Barantes .
Concello:Sober

Observacións:
Informante: Un veciño, 52 anos, labrego.
Data: Decembro do 1992.
Gravación e transcrición: C. Fernández Rodríguez.
Fonte: AGO-ADLG.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Buèno, na vendima pasábase bèn asta un punto hò; pèro, móitar veces tamên, claro, quèntaba o sol, as uvas subíanse en cestos, ó millor íbamos quince ou vinte personas á vendima, è claro, había que subilas todas en cestos ó lombo. È, salíamos ó millor da casa ás trer da mañá, pra salvarnos do calor por a sèsta; è entonces, claro, madrugábamor moito, había que ir a pê, levaba dúas horas o camiño... è entonces, algún día botamos tres viaxes anter de salir o sol, derde onde se deixaban os carros, que daquelas èran carros que non èran tratores è... È entonces, pois, claro, xuntábase muchísema xènte porque, unhos levaban dèz, outror doce ou, en fin; èsí, había moitas cuadrillas de xènte que andaba na vendimia, entre ar mullères que vendimaban i-òs hòmes que subían as uvas. È, ó millor, xuntábanse entre dúas cuadrillas, empezaban a dicir cal èran os que pudían máis, botábanse a correr cor cestos ó lombo por a ribeira arriba. È buèno, o viño sabía bèn, ou sabe bèn; pèro, claro, daquelas costaba muchísemo traballo coidar o viño. Pèro, buèno; todo èra xènte nòva i-hàbía moita xènte i-èntonces pois, claro, todo se levaba. Non ê coma hoxe, que hoxe por èkhèmplo, se algún quère facer eso xa non tèn xènte. Buèno, gracias a Diòs, non fai falta porque xa van os tratores è xa vai todo ár viñas; è gracias a Diòs hoxe, por èkhèmplo, pois non hai necesidá deso è moito val; que se non, o bèndito viño da Ribeira de Amandi, pois, xa non habería nin còpa de viño. Pèro buèno, con todo eso, eso acôrdase sèmpre è non se òlvida nunca; porque gracias a Diòs eu fun desde pequeno, ár viñas, è quêrolle bèn; pèro, co traballo que daban, se me dicen: “pasas sin viño ou traballas as viñas”, pasaba sin viño.
È claro, aora cos tratores pois xa non ê a mitá do traballo, xa se sòben en caixas, elabórase o viño. È entonces xa vèñen os tratores cas u[vas], cas, cas uvar nar caixas è chegas á bodega, pásalas por a máquina è xa van direitas á cuba. È entonces o viño dicen que non si, que antes que o levaban os emperadores pa Roma; è non che èra sin razón, que co sacrificio tiña que che ser bèn bon por o sacrificio que daba o viño. Aora, claro, tamên temos unha cousa, que hoxe o viño de Amandi está praticamènte coma o millor de Galicia; è, sôlo por o traballo que dá è por o pouco produtivos que son a zona do viño.
È hoxe vêndese bastante bèn. Os que, por èxemplo, como che diría eu, os que saben o que tran entre maus, que desinfètan a uva è, ou desinfètamos a uva, coidamos o viño, levámolo ó anôlogo pra que nolo cuide, è así, podemos vendelo bastante regular coma por èxemplo na Feira do Viño.
Tu sabes que a Feira do Viño de Amandi, pois, ê unha das que más potenciadas vai estare na nòsa pequena Galicia. È entonces mira, unha botella de viño vale quinièntas pesetas; è eu fun -unhos tres cuartos de, de litro-, è eu xa lèvo indo varios anos á Feira è xa ganei tamên un segundo i-òn primeiro premio, un ano o primeiro i-àutro ano o segundo. Total pois xa te anima sôlo polo trofeo que che dan, que a min incluso o primeiro diumo Cacharro Pardo, o Presidènte da Deputación, i-ò segundo diumo o que foi conselleiro, Pérez, que gracias a Diòs, el tuvo, o pai del tuvo viñas pegadas car nòsas tamên, è xa sabe tamên o mêrito que tèn o viño de Amandi.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48