O crego de Pareisás


Lugar: Celeiros - Celeiros .
Concello:Chandrexa de Queixa

Observacións:
Informante: Unha veciña, 23 anos, telefonista.
Data: Febreiro do 1975.
Gravación: R. Álvarez Blanco, F. Fernández Rei e M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Vouvos contar o conto do cura de, de Pareisás. Resulta que ó cura de Pareisás, faltábanlle as pitas; è busca de èquí è busca de alá, el i-à criada, nada que non encontraba as galiñas. Vai un día chamou òn chaval, desconfiaba dun tío è dícelle:
- Òie, neno, mira, ven èquí, o domingo, si, cuando èu esté na misa predicando tu dices, que fulanito me roubou as pitas, douche dous reás.
Chèga o domingo, estaban na misa, è resulta que o que llar roubaba era o pai do rapaz. O pai do rapaz viu que o cura chamaba á parte ó chaval, è dícelle:
- Òie, fulanito, ¿que che dixo o cura?
- Nada, nada, non me dixo nada.
Pèro díxolle:
- Mira se, se mo dices, douche unha peseta.
Entonces, foi o rapaz è díxollo. Dixo:
- Pois, mire, díxome esto, que se cando estaba no altar lle decía que, que usté ê o que me roubaba as galiñas, que me daban dous reás.
- Pois, mira, vaslle decir o que eu che diga è douche unha peseta.
Èfètivamènte. Chèga o domingo, o cura estaba predicando todo furioso:
- Porque èquí non sei quèn me rouba as pitas, porque son unhos desgraciaos, porque tal è porque cual.
Dícelle:
- A ver rapaz, que tu sabes quèn me rouba a min as pitas, a ver, dío.
È sal o rapá ó altar è dícelle:
- Se soubèra o Eudilio de Cotaresco que o cura lle anda ca mullèr.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48