O liño, as fiadas e os mozos


Lugar: Lamela - Coucieiro .
Concello:Baños de Molgas

Observacións:
Informante 1: Unha veciña, 65 anos, labrega.
Informante 2: Un veciño, 72 anos, labrego.
Informante 3: Unha veciña, 70 anos ca., labrega.
Data: Decembro do 1994.
Gravación: M. Sánchez Cid.
Transcrición: E. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ADLG.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

I1: Primeiro sementabamos; è despois, cunha maza, pois mallabámolo; è despois espadabámolo; è despois asèdabámolo nun, nunha cousa que había de sèda-lo liño, un rastrillo; è despois tiñamos que fiar. Pèro, claro, or mozos non querían, filla, porque como, enchíalos de tascos, èra unha cousa que tiña moito pòlvo, è moito eso è... è fiabamos na nòsa corte, un ano na dun i-àutro ano na doutro. È entón aquil ano tocou na nòsa corte. È entonces, claro, eu xunteime con dous, un do Abèlèdo i-
-àutro de aiquí da Lamèla. È entonces, claro, cando chegou o da Lamèla, poise, estaba sentado onda min o do Abèlèdo, porque alí faciamos un corro as mullères, è entonces, claro, había únhar mesas largas è sentábanse así...
I2: O Lisardo.
I1: O Lisardo. È entonces entrou è, i-ò meu irmau, estaba xogando. Había dous ou tres rapazòlos así coma do tèmpo dil, que entón il èra pequeno, è estaba xogando. Entón o Khosê díxolle:
- È lògo, Khosê Ramón, ¿ganas ou pèrdes?
È díxolle:
- Pois nin estou xogando, non gano nin perdo, pèro asta aora non estou xogando.
Dou media vòlta pa fôra è marchou. Alí por riba da nòsa casa, naquil monte, empezou a cantare:
Moza dor moitos mozos; nò, dixo:
Moza dor vinte mozos
è comigho vintèún
È como fagas así
pronto quedas sin ningún.

E: Entonces ¿que facía? ¿cantaba?
I1: Cantaba, cantoume así. È pra outro día, esto èra un sábado, è pró outro día ibamos aí a Òsende, que había un cafê, tocábanche cun acòrdeón; i-èntonces, claro, eu dixen, buèno, pois agora, vou ter que vir sòla; pèro ó chegar alá pois estaba o do Abèlèdo. Entonces díxome se lle iba bailar, è eu fun, anda que entra o outro pola pòrta; è despois, claro, invitáronos a tomar un cafê, porque èra sòlo, alí èra o que había, cafê, èra un cafê pèro bailábase, a xènte pra, pasar o tèmpo; è, i-è entón o outro invitoume a tomar un cafê; pèro, filla, se ves a este da Lamèla, ¡madre mía!, como se puxo; i-ó vir aí no, nos Vieiros púxose no medio do camiño è non nos quería deixar pasar. Pèro eu teño, tiña unha amiga, que chaman Florinda, mira, se non nos deixa pasar, bótase acima dil; porque púxose, ¡mi madre querida!: “sácate de diante que non te quèro nin ver”. O outro vèu andando, vèu andando è ó chegar á casa, chegou diante de nôs; è despois non me quería deixar entrar na pòrta. Entonces, claro, eu, dixen eu, a ver como faguía. Saliu a pòbre da miña nai è díxolle:
- Poise, vên con ise, pèro quèn, aquí quèn mando son eu, que hai catro anos que veño paghando ese carreiro, è a ver se ê il ou son eu.
Dixo:
-Ai, meu fillo, eso, enténdete. Eso êche cousa dela.
Entonces, claro, o outro tuvo que se marchar, pòbriño, èra tan buèno. È marchouse. Eu, claro, gustar, gustábame máis o outro, pèro...
I2: O Lisardo.
I1: O Lisardo ¡nòò!. Gustábame máis o Ghosê; pèro claro, como non tiña autro, eu agarrábame ó que viña; porque agora tanto tèn, pèro ó tèmpo vir unha moza sòla... eso êrache un desprecio mui grande. Entonces, claro, pois, eu agarrábame ó que viña. I-aquil queríame polos òghos del alma, filla.
I3: O Lisardo.
I1: O Lisardo.
I3: ¿Pèro de onde èra il?
I1: De Abèlèdo.
I2: O que casou coa da (...)
I1: Claro, è, i-èso pasou, pasaban así as cousas, filla, porque antes non che èra coma agora; que agora, tèñen un i-àquil, con aquil xa basta, pèro ó tèmpo unha moza non podía ter sôlo un mozo.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48