Èran dous estudiantes è viñan de vacaciós. È claro, chegharon a un puèblo è, è dixêronlle a onde podían, foron onda o pedanio do puèblo a ver onde se podían, vamos, quedare en pousada. Levárono onda unhor vèllos que había alí. È alí dixêronlle:
- A ver, tès que darlle cama è estes dous rapaces è cena.
È díxolle a vèlla:
-Buèno, eu cama doulle è cena tamên; pèro de cena hai papas, temos papas de cena.
È di, è dixèron eles:
-Buèno -dixo un-, eu papas non quèro.
Dixo o outro:
-Eu, eu tampouco.
-Buèno, pois, a cama ê èquí.
È dormían, nunha habitación, nun cuarto que se chamaba antes, è tiñan dúas camas, nunha cama dormía o vèllo i-à vèlla e na outra dormían or dous rapaces. Pèro de noite dèulle fame; è díxolle un ó outro:
-¡Ai que fame teño!
È díxolle o outro:
-I-èu tamên, ¿è como facemos?
-Poir mira, vamos a, vamos a, eu vou -non había luz, daquela non había luz- vamos è, vamos ir á cociña è, è tu fártaste de papas alí è trasme unhas poucas a min.
-¿È como fagho pa, pa ir è pa vire? Mal, mal pa ir, è mal pa vir, sin luz.
È entonces na, na, na tarima da cama, que èra daquelas camas anchas que había antes, había un, un carrete, destes de fío, è díxolle o ra[paz], un ó outro:
-Vas, cara a alá, lèvas, eu quedo co fío èquí, è tu vas pa alá è, fártaste de papas. È entonces, ó vir pa acá, vês por o fío outra vez dereito a min.
È cuando o, o outro marchou á cociña, è foi o compañeiro è cambioulle o fío i-àtoullo á tarima da cama da vèlla, è do vèllo.
O rapaz fartouse de papas, comeu as que lle pareceu è tróuxolle unha cullarada del, delas ó compañeiro. È nese medio tèmpo, claro veu cara a onda a vella, cheghou onda a vèlla, i-à vèlla fartárase de papas è estaba, pois, perdonando a palabra, co cu ó aire. È estaba así, facendo así: “ffff, fffff, ffff”. È díxolle o rapaz:
-Tòma, cume, -baixiño claro, pa que non oíra a vèlla,- cume, è xa non lle soples que xa están frías.
Pèro a vèlla seghía “fff, fff”; è entonces, o rapaz tanto se cabreou dixo:
-Non lle soples que xa están frías. Mira que chas barro.
È foi ¡pas!, barroullas á vèlla no cu. È entonces o outro rapaz riuse, è cambiou de disco è. Quedaron calladiños os dous.
Cuando vai o vèllo pa tapala, cara á mañá, è colleu è encontrouse cas papas. Encendeu o candil de ghas, que tiñan un candil de ghas è díxolle:
-¡Vaia mullèr, vaia! ¡Bèn maliña estuvèches! ¡Seghún-as comiches así as caghaches!
Inicio NAVEGA POLOS BLOQUES LINGUÍSTICOS Bloque Occidental Bloque Oriental Bloque Central |
||