O portugués e a mula


Lugar: Vilardevós - Vilardevós .
Concello:Vilardevós

Observacións:
Informante: Un veciño, 20 anos, labrego.
Data: Marzo do 1975.
Gravación e transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

Resulta que o Callán ten unha mula. Esa mula ó botarlle a mau a unha te[ta], ó botarlle a mau a unha teta arrelincha que se mata. Entonces, dixêronlle que lla compraban, pèro que tiña que estar preñada; i-èl, i-èl díxolle:
-Anda, anda preñada de seis meses.
Entóncer dixo o outro, díxolle:
- ¿È dá, è dá muito leite?
È dixo el, dixo:
-O que se queira, tódolor días. Cuando, cuando, cuando a tiña eu, daba polo menos dous litros, cada, cada doce horas.
È dixo el, díxolle, díxolle:
-Buèno, se, se a mula dá dous litros de leite cada doce horas, eu cómprolle a mula -dixo-, pèro tènme que responder que non malpaira. Se malpaire, non lla quèro.
Díxolle o outro:
-Trato feito.
È entonces, unha mañá do vrau, aí de cara ár cinco, a mula estaba relinchando, por a cría, è entonces o outro díxolle, díxolle:
-I-à cría, ¿onde lle está?
Dixo:
-A cría vendinlla ònte.
Dixo:
-I-àora, aora ¿pa que a quèro?
Dixo:
-¿È lògo tu non preguntabas por o leite?
Dixo:
-Buèno, pò logho, lêvolle a mula, ¿è cuanto quère por ela?
-Quèro vinte billetes.
Dixo, o outro dixo, dixo:
-Or vinte billetes será muito.
Dixo:
-¿E lògho tu que quères, mula sin tetas ou mula con tetas?
Dixo:
-Buèno, eu pa min, eu non sei muito, porque eu, bèn sabe usté que son portughés e non entendo muito español.
È dixo:
-Buèno, se quère, se quère, se quère mula machorra, por vinte mil pesetas tèna, se a quère, aora, se a quère con, que paira è traigha boas crías è día muito leite, tèn que dar trinta billètes.
-Dis la muito, dis la ê munto diñeiro.
Dixo:
-Bueno, pois se ê muito diñeiro que sea, quèro trinta billetes.
Entonces o outro levou a mula, i-ó cabo de nòve meses vèu aiquí è díxolle, díxolle:
-Òh patrón, a mula, a mula mais la non lle crèce o ubre. Dis mais la non paire.
Dis:
-Xa parirá, xa parirá. Tu bátela la cun pau por o lombo, que xa parirá.
Dice:
-Òh patrón, a mula non dá resultado, dis, mais eu alá devólvolla.
Dis:
- Mais o que che devolvo eu a ti mais lá cun pau nos còrnos.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Central
1974 | Castro de Rei | labrego , 30
1974 | Becerreá | estudante , 14
1975 | Cedeira | veciñas , varias idades
1975 | Lugo | carpinteiro , 69
1975 | Chandrexa de Queixa | telefonista , 23
1975 | Allariz | muiñeiro , 60
1975 | Vilardevós | labrego , 20
1976 | Oroso | labrega , 63
1983 | Forcarei | labrega , 50
1984 | Vilalba | labrega , 66
1992 | Melide | industrial , 38
1992 | Sober | labrego , 52
1993 | Ramirás | comerciante , 64
1993 | Castrelo do Val | camioneiro , 50
1994 | Cervo | mariñeiro , 71
1994 | Baños de Molgas | labrega , 65
1995 | Barreiros | estudante , 20
1995 | Chantada | estudante , 25
1995 | Lobios | labrega , 48