Varios textos


Lugar: A Lagoa - Lamas .
Concello:Triacastela

Observacións:
Informante: Un veciño, 41 anos, labrego.
Data: Decembro do 1974.
Gravación: F. Fernández Rei e M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

¿Como se chama a miña muller?
[Èra] un vèllo do meu puèblo è morreulle a mullèr. È despois foi saca-la difunción, chegou a Pièdrafita, è dixè[ron], díxolle ó alcalde:
-Veño saca-la difunción, que me morreu a mullere, -díxolle. Pèro lèvo dèmo se me acòrdo como se chama.
È díxolle:
- ¿Pèro lògo como se chamará, hò?
È dixo:
-Pois, coma eso que lèvan-as bestias, pèro non sein, non sein qui ê.
Dixo:
-¿Será a albardä?.
Dixo:
- Non.
-¿Será lògo, será lògo a, a tafarrilla?
-Tampouco, tan atrás non ê, hò. Tan atrás non ê.
Dixo:
-¿Lògo será a cincha?
-Pois lèvo dèmo sen non ê cex... Xäcinta, hò, Xäcinta, ê Xäcinta.

Deus está en tódolos sitios
Èra un chaval, è preguntoulle o señor cura se sabía donde estaba Diòs. ¿Así? È díxolle, díxolle:
-Diòs está en tódolos sitios.
È díxolle o pequeno:
-Non, en todos non.
È dixo:
-Está, está, que tamên está no forno de meu pai.
Dixo:
-Fôdese ben usté, que meu pai non tèn forno.

As penitencias do señor cura
Èran dúas vèllas do meu puèblo, è íbanse confesar. È foron xunto do confesonear[io], do confesonario, è estuvèron mirando un pouco, è confesouse un chaval. È díxolle o señor cura se tiña algún pecado grave; è díxolle que si, è häbía facer un khuègo, pèro que non llo contaba. Díxolle:
-Pois tè[s], tès que mo contar, que se non, non che boto a ausòlución.
Dixo:
-Pois non llo conto.
Pèro, a poder de lle pelear, o chaval saliu pra fôra, è dixo:
-Pois lògo voullo facer.
È, è saliu pra fôra, è fixo o khuègo de pinchacarneiro, è as vellas estaban detrás, è empêzalle unha á outra:
-¡Ai María, que penitencias dá o cura i-èu sin bragas!

As gracias do Papuxo
Unha vez èra un chaval, è tiña unha novia. I-èl chamábase Papuxo de mal nòmbre. Pèro despois ela ordenou de se casar con outro è deixouo. I-èl dixo:
-Pois, eu hein ir o día da voda á iglesia, que me queiran que non, eu hein de ir èlí.
Buèno, el foi. Cuando xa estaban arrodillados todos el foise detrás da novia, è dèulle en dar de señas á novia, i-èla dèuse en rir sin parar, è, è veña rirse. È díxolle o señor cura:
-¿Pèro que che pasa mullèr? Tu non ves que te vas casar que, ¿non has ter más serenidá?
Dixo:
-¡Ai, señor cura! ¿Como hein parar se me está facendo así o Papuxo sin parar?

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Oriental
1974 | Triacastela | labrego , 41
1975 | A Mezquita | labrego , 65
1976 | A Veiga (Asturias) | labrego , 65
1976 | Hermisende (Zamora) | labrego , 50
1983 | A Fonsagrada | labrego , 62
1984 | Candín (León) | estudantes , 9 e 15
1988 | Carucedo (León) | labrego , 72
1990 | Lubián (Zamora) | mestre , 35
1990 | Hermisende (Zamora) | labrego , 60