A construcción do apeadoiro


Lugar: A Barosa .
Concello:Carucedo (León)

Observacións:
Informante: Un veciño, 72 anos, labrego.
Data: Febreiro do 1988.
Gravación: F. Macías Macías.
Transcrición: X. Canosa Rodríguez.
Fonte: AGO.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

I: Si, xa aló polo mil novecèntos trinta è dous, trinta è tres, foise a Madrí, grandes comisiois, fíxose mutos traballos, asta que se chegou a conseguir pra unha estación. Dende o cual estuvo estaquillada, xa preparada con cuatro estacas, i-a ferramenta en Ponferrada onde se titulaba Obras Nuèvas pra vir a traballar, estuvo aprobada. Pèro, naquel mediano tièmpo, nós confiados, igual eu cór demais, eu claro xa, èra máis khòven pèro buèno; os outros vièkhos como lle tiñan malicia confiados pois, foron deixando; asta que despois en Còvas, un puèblo que hai aiquí inmediato que, está a tres quilômetros, ese ê da provincia de Òrènse, pois empezaron a traballar, iè un gran señor, pois, aló lle conseguiu, unha estación.
E: ¿A Còvas?
I: A Còvas, si señor. Pèro nosoutros, pois así è todo, inda teño algo que sentir que, inda fuin bèn lèkhos è molleime bèn, para buscar firmas; porque había que buscar firmas de puèblos è de alcaldías para facer ver de que se necesitaba e se quería. Pèro, non se chegou a nada. Pèro máis tarde pudèmos conseguilo. A poder de que viron a falta que tíñamos i-a boa moral que tiñan aqueles que o podían facer, pois chegouse a conseguir. È pasou muto tièmpo. O cual despois, inda querían no puèblo de Frieira levárnolo a un punto que se chama Mumao; pèro claro, non valía o perfil da vía de ningunha forma. Èlí tiña once milêsimas de pendiente, è non podía ser. I-àiquí tiña cuatro. I-èntonces ese mismo perfil, pois, valeu; esas cuatro milêsimas, ó levanta-la vía, ó andar na vía pois, quedou con dúas milêsimas nada máis. Iè valeu; valeu, eso valeu muchísimo. Se non, pois, non, non se podía facer. I-èntonces, un día por outro, un día por outro, un día por outro, el o caso ê que chegaron os khèfes a, a medir, i-a estaquillar, i-a preparar. Buèno, mui bèn. Que esto foi o ano sesènta, mil nuèvecièntos sesenta. È claro, cuando o soupèmos, poi[s] claro, a xente mui contènta todos, è fumos a traballar, puñèmos prestación personal, dêronse as fincas, unhos cobradas, eu inda teño unha ailí, que èra, eu regáloa, polo bèn ese regáloa, porque sòlo, sòlo en montando, poder decir aquel orgullo de que se fixo un apeadèro no puèblo, non lle quèro nada; inda anque fora máis grande non lle quería nada. El o caso ê que, chegaron; dispois, aló empezaron a, as mullères -”teis que facer un vèrso do apeadèro”-, os hòmes...
-¿Home eu que vou facer hò, que vou facer? Teño o espírito tan baixo pra facer un, un conto resumen deso, ¿como vou facer eu eso? -Pèro buèno, aló empezaron è... Buèno, pois hai que facelo.
Entonces dixen:
-Buèno pois mañá, mañá cuando veña, está feito.
È claro, chegamos deloutro día è dixèron:
-¿Que? ¿Traes eso preparado?
-Si, si, si. Ia bèn preparado.
-Buèno, pois teis que antes de empezar a traballar decirnos o que ê, o vèrso ese.

-Buèno, pois, pois ia está. Pois mirai, dice así:

Dichoso ano sesènta,
cuanto nos dèche que falar,
pra un día máis que trouxèche,
¿cuanto nos quères levar?

O primeiro de febreiro
pola mañá temprano,
presentáronse os khèfes,
cos planos na mano.
È formouse unha brigada
de khuventú femenina,
presentádose nos tallos
ó mando de doña Encina

Esta doña Encina pois, èra unha señora que tiña muto afán è tiña muta elègancia, como tèn, è entonces pois a khuventú femenina pois, traballaba con grande afán. È presentábase un nos tallos, pèro bastante cedo, aí non se reparaba por horas nin por menutos, o que traballaba cuatro, cuatro; o que traballaba vinte, vinte, i, o caso èra facelo. I-èntonces dice, sigue así o verso, dice:

È non digo das ancianas
que traballan con afán,
apañando chorros de auga
pra apagar bèn-a cal.

È dos maestros canteiros
tamên teño que contar,
que cas zutres do martillo
facían-as pèdras bramar.

Buèno, eles mu[i] cheos de risa, mu[i] cheos de risa è, todo eso. Asta que:
-Calai.
È entonces díxenlle:
Buèno:

pró primeiro maquinista
que ouserve bèn a parada,
será mui bèn òsequiado
por unha còpa engalanada.

I-ò que necesite comer,
no Hotèl de Alfredo o vèllo,
por menos de tres pesetas,
chega a comida ò cuèllo.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Oriental
1974 | Triacastela | labrego , 41
1975 | A Mezquita | labrego , 65
1976 | A Veiga (Asturias) | labrego , 65
1976 | Hermisende (Zamora) | labrego , 50
1983 | A Fonsagrada | labrego , 62
1984 | Candín (León) | estudantes , 9 e 15
1988 | Carucedo (León) | labrego , 72
1990 | Lubián (Zamora) | mestre , 35
1990 | Hermisende (Zamora) | labrego , 60