Varios textos


Lugar: Lubián .
Concello:Lubián (Zamora)

Observacións:
Informante: Un veciño, 35 anos ca., mestre.
Data: 1990.
Gravación: M. A. Seixas para o programa As de ouros da TVG.
Transcrición: E. Parga Valiña.
Fonte: AGO.

// DESCARGA AQUÍ O ARQUIVO EN MP3
Transcripción//

O galego de Lubián
[Vamos a ver, o galego desta zona] ê un galego con toda seguridá diferente ó galego que aora se está normati... normativilizando ou normativizando. Sin embargo a min paréceme que como falèmos sempre, falou o meu avô, falou o meu pai, eu seguireino falando sempre, e non me impòrta que sea diferente a ese que aparèce nos libros de tèsto; porque a min paréceme que o galego nos meus labios, nos meus beizos, sae coma a hèrba nos prados, ê algo natural, è entonces non me teño que avergonzar pra nada do que ê natural.
Sin embargo, dun tempo a esta parte, desde vai pouco tempo, decaeu eiquí a ganadería, decae a òcupación òrdinaria è parece ser que, que o galego, ríome porque me fai gracia a min mesmo, ¿non?, o galego fora o idioma de falar cos animais, de falar cas vacas, de falar cos pòrcos; è desde o momento de que algunhas familias deixan de ter animais, parece que xa non falaran o galego porque non tein con quen falalo. Estou falando irònicamente, porque eu falei o galego desde que èra rapaz è seguireino falando sempre.

¿Galegos ou casteláns?
Pòs mira, nós somos galegos, sómolo por cultura è sómolo porque este tèrritòrio foi galego asta o ano mil oitocentos trinta è tres. Deixamos de ser galegos, administrativamente hai cento cincuenta anos, pèro sin embargo as nòsas comunicaciois ca zona que administrativamènte nos correspònde, con Zamora, pos son totalmente nulas. Non temos comunicación ningunha con Zamora, ou mui inapròpiada porque hai que ir de noite, facer noite en Zamora, si quères facer cualquèr cousa, volver a facer outra noite pra lògo vir, ê decir, que teis que pasar dúas noites fôra. Sin embargo, ir a Orense, en realidá, pòdes ir en dous trenes da mañá è regresar en dous trenes da tarde-noite. Por eso que, inconvenientes, todos. Temos todas as comunicaciois con, con Galicia è temos o mismo carácter cós galegos.

 

 

 



Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
ETNOTEXTOS. BLOQUE Oriental
1974 | Triacastela | labrego , 41
1975 | A Mezquita | labrego , 65
1976 | A Veiga (Asturias) | labrego , 65
1976 | Hermisende (Zamora) | labrego , 50
1983 | A Fonsagrada | labrego , 62
1984 | Candín (León) | estudantes , 9 e 15
1988 | Carucedo (León) | labrego , 72
1990 | Lubián (Zamora) | mestre , 35
1990 | Hermisende (Zamora) | labrego , 60