A creación do grupo, formado por autores como como Vicente Risco, Castelao, López Cuevillas ou Otero Pedrayo, provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos eidos. Tomando como base o Cenáculo Ourensán, os antecedentes históricos e políticos de Nós están nas Irmandades da Fala, fundada anos antes na Coruña para loitar pola recuperación política e económica.
Nestas terras, delimitadas pola Serra Martiñá e polos ríos Miño e Barbantiño, acrecentouse a sensibilidade do escritor cara ao rural e a cultura popular. Os acontecementos que se produciron na súa época, tales como a ruptura das estruturas do Antigo Réxime ou a decadencia do poder da Igrexa, reflectiron de xeito directo na vida e obra de Ramón Otero e, a súa vez, na creación do itinerario.
Ourantes era un deles,
ao pé do coto céltico do Santrocado, época que, xunto á románica e á barroca, sérvenlle a Pedrayo para explicar Galicia. O asentamento castrexo , próximo á citania de San Cibrán de Lás, xa estaba abandonado cando se comezou a construír este.
Fillo vinculeiro dunha familia acomodada con profesionais do dereito por parte da súa nai, Eladia Pedrayo; e militares por parte do seu pai, Enrique Otero. Este, médico de profesión, era natural de Trasalba, e fora firme defensor de Curros Enríquez, promovendo faladoiros na súa casa da rúa da Paz, entre os que teñen participado personaxes como Emilia Pardo Bazán.