culturagalega.org

inicio / sección / Arte
Arte
Homenaje al toro de Lecumberri, de Alfonso Abelenda. Colección de Afundación.
22 / 3 | A SEDE DE AFUNDACIóN DA CIDADE HERCULINA ACOLLERá UNHA ANTOLóXICA DA SúA OBRA EN ABRIL
Onte falecía, aos 87 anos, o pintor Alfonso Abelenda logo de non se recuperar dunha recente intervención cirúrxica. Abelenda, artista multifacético, desenvolveu unha importante carreira no campo do humor gráfico, con publicacións en La Codorniz, Cambio 16 ou, máis recentemente en La Opinión A Coruña e El Ideal Gallego. No campo pictórico iniciou a súa carreira nos anos 50 conseguindo abondosos recoñecementos. O seu corpo, trasladado á funeraria herculina Génesis, será incinerado sen cerimonia.
arte, banda deseñada, necrolóxicas
Plano de El Halcón Milenario
22 / 3 | UNHA EXPOSICIóN DE FEDERICO FERNáNDEZ PORá PUNTO E FINAL O PROXECTO
O vindeiro 29 de marzo preséntase a que "posiblemente sexa a última exposición" de El Halcón Milenario. Os responsables deste espazo vigués dedicado á arte contemporánea, situado nunha vivenda convencional, anuncian que este ano supón o remate do proxecto que comezou a súa andaina en 2011. Federico Fernández Fredi protagoniza esta última mostra. O que foi Premio Nacional de Ilustración e antigo habitante do piso, presenta unha retrospectiva de dúas décadas de traballo, composta na súa maior parte por debuxos que logo apareceron en diferentes publicacións. El Halcón Milenario constituíu unha proposta anovadora no achegamento á arte, ca organización de mercadiños, propostas escénicas, concertos ou exposicións, na súa maior parte vencelladas ao movemento underground.
arte
20 / 3 | GALARDóNS DE LONGA TRAXECTORIA E OUTROS RECENTES QUE SUMAN ATA 151.000 EUROS EN PREMIOS EN METáLICO
A Deputación da Coruña convoca unha batería de doce premios culturais
20 / 3 | UN ENSAIO DA ORQUESTRA SINFóNICA DE GALICIA O VINDEIRO 27 DE MARZO ABRIRá ESTA ACTIVIDADE
A AGPI bota a andar o seu Club de Debuxo
Ovidio Rodero, Anxo Lorenzo e Ángeles Penas na presentación das pezas. Imaxe da Xunta de Galicia.
15 / 3 | FONDOS DO MUSEO DO PRADO, DO RAíñA SOFíA E DE COLECCIóNS PARTICULARES ENRIQUECEN O CENTRO CORUñéS
O Museo de Belas Artes amplía a súa colección con 39 novas pezas
12 / 3 | O ALCALDE DE VIGO LLE DEU UN PRAZO DE CINCO A DEZ ANOS PARA FACER UN PROXECTO AMBICIOSO
Fernández-Cid toma posesión da dirección do MARCO
Cartel da exposición de RFG no museo Lázaro Galdiano
8 / 3 | O MATADERO E O MUSEO LáZARO GALDIANO ACOLLEN AS úLTIMAS PROPOSTAS DESTES CREADORES
María Ruído e Roberto González Fernández levan a arte galega a Madrid
7 / 3 | O ARQUITECTO XAPONéS TAMéN é AUTOR DO CENTRO DE ESTUDOS AVANZADOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
O premio Pritzker recoñece a Arata Isozaki, deseñador da Domus
7 / 3 | O CENTRO COMPOSTELáN ACOLLE ATA O 19 DE MAIO HOMELESS DE ÁNGELA DE LA CRUZ
René Heyvaert protagoniza a nova exposición do CGAC
6 / 3 | A FUNDACIóN NATURGY QUERE QUE XUNTA E CONCELLO PRESENTEN UN PLAN PARA A COLECCIóN DE ARTE
O Concello da Coruña está disposto a alugar o edificio do MAC para darlle continuidade

Destacados

Biblioteca
ARTE
Alumnos de Secundaria expresan artisticamente a nosa relación coa auga
ARTE
Un texto que resume a realidade galega no noso idioma, en español e en inglés
ARTE
Monumental investigación sobre a época dourada do barroco compostelano
ARTE
Xilografías dos alumnos do IES Rosalía de Castro sobre a obra de Xocas
ARTE
Unha bela edición de textos de Xocas e gravaduras de Xosé Conde Corbal sobre o mar e a cultura mariñeira
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org