Xénero e Documentación
inicio/ relatoras / Annamaria Tagliavini

Annamaria Tagliavini



Annamaria Tagliavini (1954)
Doutora en Filosofía pola Universidade de Boloña. Investigadora, bibliotecaria e activista nos eidos da documentación e formación. Membro da Asociación Orlando desde 1989. Directora da Biblioteca Italiana das Mulleres desde 1993. Membro do Consello da Asociación de Institucións para a Formación en Estudos de Xénero en Europa (AOIFE) desde 1997. É unha das coordinadoras do grupo de traballo da rede temática europea de estudos sobre as mulleres (ATHENA) e unha das fundadoras e coordinadoras de WINE. Nomeada recentemente representante da cidade no consello de administración da Universidade de Boloña. Dos moitos congresos que organizou destaca o Cuarto Congreso Europeo de Investigacións Feministas, que tivo lugar en Boloña no ano 2000. Entre as súas publicacións sobresae unha autobiografía colectiva titulada BabyBoomers. Vite parallele dagli anni 50 ai cinquant’anni (Giunti, 2005).

Contacto:
Tel. 0039 0514 2994 05
Fax: 0039 051 4299400
Enderezo electrónico: atagliav@women.it
Web da Biblioteca Italiana delle Donne di Bologna:
http://www.women.it/bibliotecadelledonne/
Enderezo postal da Biblioteca Italiana delle Donne di Bologna:
Convento di Santa Cristina
Via del Piombo 5
40125 Bologna