Xénero e Documentación
inicio/ relatoras / María Xosé Agra Romero

María Xosé Agra Romero



María Xosé Agra Romero (1956)
Catedrática de Filosofía, Doutora en Filosofía, profesora de Filosofía moral e política da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. As súas liñas de investigación desenvólvense sobre filosofía política, teorías da xustiza e teoría crítica feminista. Dirixiu diversos proxectos de investigación e teses de doutoramento nestas liñas. Na actualidade forma parte do grupo de investigadoras do proxecto «Feminismo, Ilustración y Multiculturalidad: procesos de ilustración en el Islam y sus implicaciones para las mujeres», dirixido pola doutora Celia Amorós Puente. É autora, entre outros, de: Ciudadanía: el debate feminista (2002); Ciudadanía: fronteras, círculos y cosmopolitismo (2002); «Cidadanía e Igualdade: capacidades e necesidades (2003). Cidadanía, multiculturalismo e igualdade (2004); Ciudadanía, Feminismo y Globalización (2006).

Contacto:

Tel. USC: 981 563 100. Ext. 12527
Enderezo electrónico: mx.agra@usc.es
Enderezo postal USC:
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos
15782 Santiago de Compostela