Xénero e Documentación
inicio/ relatoras / Carmen Couceiro Gadea

Carmen Couceiro Gadea



Carmen Couceiro Gadea (1958)
Nacín alén do mar no ano 58, son filla de emigrante. Voltamos a Galicia no ano 1970, a piques de rematar a ditadura franquista. Estudei na Coruña no mesmo instituto que o meu pai, nun edificio vello e fermoso dende o que foi inevitable namorarme do mar do Orzán. Por viviren nesta cidade, non fun quen de falar e escribir en galego ata moi tarde, xa comezada a vintena. Aprendéronme esta lingua con agarimo e paciencia e fáloa con soltura agás cando me alporizo. Levo xa quince anos a traballar na biblioteca da localidade onde vivo. Os libros e a lectura conforman unha gran parte do que eu son, débolles moito.

Contacto:
Tel. da Biblioteca e Centro: 981 626 338.
Enderezo electrónico: carmensantacruz@msn.com
Enderezo electrónico da Biblioteca e Centro:
biblioteca.santacruz@biblioleiros.e.telefonica.net 
Enderezo postal da Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller «Rosalía de Castro»:
Rúa Emilia Pardo Bazán, 17
15179 Oleiros