Xénero e Documentación
inicio/ relatoras / Cristina Justo Suárez

Cristina Justo Suárez



Cristina Justo Suárez (1977)
Investigadora da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coordinadora do Máster de Xénero e Políticas de Igualdade. Licenciada en Socioloxía, experta en Estatística Aplicada e en Xénero e Igualdade, está a realizar a súa tese sobre o tema da relación entre o feminismo e a tecnoloxía. No ano 2004 foi Premio de Investigación «Elisa Pérez Vera» sobre estudos feministas. Con anterioridade desenvolveu a súa actividade profesional no Centro de Investigaciones Sociológicas (2001) e no Departamento de Socioloxía I da UNED (2002-2005). É autora de artigos e capítulos de libros en obras colectivas sobre xénero. A súa publicación máis recente, xunto con outras autoras, é: Mujeres y hombres en la ciencia española. Una investigación empírica, Madrid, Instituto de la Mujer, Colección Estudios, n.º 96, 2006.

Contacto:
Tel. Facultade: 981 167 000. Ext. 4895
Enderezo electrónico: masterxenero@udc.es
Enderezo postal UDC:
Universidade da Coruña
Facultade de Socioloxía
1ª planta, 1º módulo de despachos
Campus Universitario de Elviña
15071 A Coruña