Xénero e Documentación
inicio/ xornadas/ A experiencia da Biblioteca Italiana das Mulleres.

A experiencia da Biblioteca Italiana das Mulleres. Entre a memoria e o futuro: aspectos organizativos, de xestión e estratéxicos I e II


RESUMO DO RELATORIO
. Como nace unha institución política e cultural «autónoma» do movemento das mulleres a finais dos anos sesenta, as razóns, a construción institucional, o contexto histórico. Historia da Asociazione Orlando e do Centro de Documentazione, Ricerca e Iniziativa delle Donne di Bologna
. Balance dos primeiros 25 anos de vida: a Biblioteca do Centro convértese na Biblioteca Italiana delle Donne, de interese nacional: un novo catálogo, como dar unha pegada de xénero aos OPAC (Online public access catalog). Un novo servizo que reordena a memoria: inaugúrase o Arquivo histórico
. A revolución tecnolóxica: nace o primeiro sistema informativo de xénero en Italia –ServerDonne– e a Sala da Té Internet, dous proxectos para reducir a fenda dixital de xénero
. As redes nacionais e internacionais: a Rede Informativa de Xénero Lilith, que reagrupa 40 centros de documentación; arquivos e bibliotecas italianas; WINE (Women Information Network Europe), que reúne máis de 50 centros no territorio europeo; KnowHow, rede global que agrupa máis de 350 en todo o mundo.
Get the Flash Player to see this rotator.
Escoita a primeira parte do relatorio
Escoita a segunda parte do relatorio
ACHEGAS DOCUMENTAIS
L'esperienza della Biblioteca Italiana delle Donne tra memoria e futuro: aspetti organizzativi, di gestione e strategici