Xénero e Documentación
inicio/ xornadas/ cidadanía e igualdade

Cidadanía e igualdade



RESUMO DO RELATORIO
Practicamente toda a historia do feminismo pode ser lida en clave de reclamar/construír a cidadanía. Agora ben, a relación entre feminismo e cidadanía é complexa e require atender aos contextos históricos e teóricos nos que se produce. Neste sentido hai que ter en conta tanto a revisión que a teoría feminista leva a cabo da historia da filosofía política, como a análise da propia historia do feminismo e, no momento actual, a discusión aberta directamente cos teóricos da cidadanía e a súa contribución á emerxencia dunha nova comprensión daquela. Dito doutro xeito, amosar a parcialidade e os paradoxos da cidadanía universal é constitutivo do feminismo. Con diferentes énfases, en distintos momentos e contextos históricos e políticos, a loita pola inclusión ou contra a exclusión das mulleres como cidadás e, tras a consecución do voto, pola participación política e en contra da «cidadanía de segunda» é o elemento de reclamación que configura as linguaxes da cidadanía no debate feminista pero que, ao mesmo tempo e como trataremos de ver, comporta a intervención na construción da cidadanía. Isto significa que o problema para o feminismo non se pode reducir só a unha cuestión estatística. A presenza ou ausencia de mulleres nos diferentes ámbitos ou niveis da cidadanía vén determinada pola propia historia e natureza desta, pola relevancia da diferenza sexual, pola relación estreita entre xénero e cidadanía.

Get the Flash Player to see this rotator.
Escoita a intervención
Achegas documentais
  Cidadanía. El debate feminista